Outras cidades do mundo emprenderon procesos de transformación portuaria.
Temos un amplo abano onde mirarnos e do que extraer solucións que poidan ser inspiradoras para a realidade coruñesa.
Puxemos a mirada en máis de 60 portos de todo o mundo atendendo, entre outros, aos seguintes criterios:
-A elección do sistema de xestión e financiamento elixido
- A incorporación ou non de usos produtivos
- A especialización sobre a memoria, a identidade, a innovación etc.
- Se a cidade ten un paralelismo coa Coruña e cal é.
- En que grao existiu unha involucración da cidadanía.
- A integración da vivenda social
- O valor do tratamento ambiental na actuación
- A situación socioeconómica na que se realizou a transformación.
Deles, afondamos pola súa relevancia ou paralelismos coa Coruña no estudo dos seguintes casos de estudo:
Pasaia / Donostia
Brest
Seul (Cheong Gye Cheon)
Vancouver (Grandville Island, 1979)
Vancouver (False Creek, 1988)
Barcelona
Bilbao
Saint Nazaire
Santander
Toda a información recadada estará dispoñible no informe final no mes de maio de 2018.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible