Arqueóloga e historiadora
Exerce como arqueóloga da Oficina de Rehabilitación do Casco Histórico de Noia desde o ano 2001, emprendendo tarefas de coordinación e dirección de proxectos que inciden na recuperación e reintegración cultural do patrimonio. Traballa desde a perspectiva da cooperación interdisciplinar, apostando pola divulgación dos saberes tradicionais e a mitoloxía. É autora, entre outras, das publicacións «O val de Elviña, a identidade cultural na memoria» e «Saberes e valores do território. O discurso da água. Reintegração urbana do património cultural da ribeira do río Traba, Noia». Actualmente acaba de rematar un estudo sobre os muíños de vento da Coruña.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible