Breogán, 1995 (Xosé Cid, Ourense, 1951)
Situada na rotonda que tomou o seu nome, antes do comezo da rampla que leva á Torre, a escultura de Breogán é unha peza de granito que representa ao caudillo celta, fillo de Brath, a quen se lle atribúe a fundación de Brigantia, antigo nome da cidade da Coruña, e a construción dunha torre fronte a ela. A figura de Breogán pon ao monumento en relación coas orixes mitolóxicas do pobo irlandés.