Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
O Consorcio de Turismo e Congresos da Coruña (Turismo da Coruña) é un ente formado polo Concello da Coruña, a Cámara de Comercio, Industria e Navegación, e a Autoridade Portuaria da Coruña, co fin de converter o turismo nun dos motores económicos da cidade.
Obxectivos:
Promocionar e comercializar a cidade a nivel nacional e internacional, así como crear produtos que acheguen maior calidade e atractivo á nosa oferta turística. Para iso, Turismo da Coruña elabora un plan anual de accións promocionais no que se inclúen:
Presentación de Turismo da Coruña e dos seus produtos en medios de comunicación xerais e especializados.
Asistencia a feiras nacionais e internacionais especializadas no sector turístico, no sector náutico, e en congresos e reunións.
Realización de viaxes de familiarización para dar a coñecer a oferta e infraestrutura a AA.VV., TT.OO., OPC´s e xornalistas.
Asesoramento e cooperación en materia de promoción e comercialización ás empresas que o soliciten.
Desenvolvemento e creación de produtos e ofertas turísticas.
Colaboración con operadores nacionais e internacionais.
Turismo da Coruña pon o seu maior esmero ao servizo do/a turista. Unha oficina central e dous puntos de información no centro da cidade así o avalan.
Oficina técnica e administrativa
Consorcio de Turismo e Congresos da Coruña (Turismo da Coruña) rúaSol. Edificio Sol, s/n - 15003 A Coruña Tlf.: 981 184 344