Concello da Coruña

Concello da Coruña
Iniciar sesión

7 formas de gozar da primavera na Coruña

Foto aérea A Coruña

No mes de marzo os días fixéronse máis longos, a cidade comezou a cheirar a flores e o sol empezou a esconderse durante menos horas. Foi, en definitiva, a presentación da primavera, unha estación que transformou e que segue transformando A Coruña por completo.

Agora os parques e xardíns da cidade recuperaron o seu esplendor enchéndose coa música dos paxaros e de coloridas flores, facéndoa aínda máis fermosa para quen a visita. Se este ano tes a oportunidade de descubrirnos, aquí deixámosche algúns dos nosos plans favoritos para esta época do ano.

1. Primavera de terraceo...

Afeitos a gozar dunhas tapas ou copas chova ou trone, coa chegada dos primeiros meses de temperaturas suaves e raios do sol os motivos dos coruñeses e coruñesas para saír á rúa multiplícanse. 

Basta un día solleiro para atopar todas as terrazas da cidade cheas. Desde a praza de Vigo á Mariña, pasando pola praza de José Sellier ou María Pita, mozos e adultos reúnense para tomar un café ou unha caña en compañía e co chiar dos paxaros de fondo.

Aínda que tamén é habitual escoitar bulicio nas rúas polas mañás grazas aos diferentes locais onde tomar un almorzo de dez ou un brunch espectacular.

1.2 .... e de xeados

Co ascenso das temperaturas xa apetecen os xeados e na Coruña non hai nada mellor que gozar dun na Mariña. Síntete un verdadeiro coruñés paseando á beira do mar e degustando un rico doce das seis xeaderías principais da cidade: a Colón, La IBI, Puerta Real, Bico de Xeado, Rafa Gelato ou Farggi. 

3. Pasea polo porto máis alá da Mariña

Un bo plan para esta primavera é descubrir o porto coruñés máis aló da Mariña. Unha vez camiñes baixo as brancas galerías, segue co mar á túa esquerda para chegar ao peirao portuario entrando pola praza de Ourense. Este é o lugar ideal para ter outra perspectiva do porto e descubrir unha das zonas de paseo máis novas da cidade.

Parque Monte de San Pedro

Parque Monte de San Pedro

4. Desfruta da natureza no Monte de San Pedro

Non hai mellor maneira de gozar do aire primaveral que mergullándose completamente na natureza. E poucos recunchos da Coruña son tan idóneos para iso como o parque do Monte de San Pedro. 

En canto as nubes comezan a afastarse, unha visita ao noso miradoiro predilecto da cidade é obrigatoria. Reláxache perdendo a vista no horizonte do Atlántico, cunha panorámica que percorre a liña de costa ata Arteixo e as Illas Sisargas dun lado e a Costa Ártabra e a Ría da Coruña do outro.

5. Descubre a maxia do parque escultórico da Torre de Hércules

Unha paisaxe máxica tamén se atopa no parque escultórico da Torre de Hércules, no que arte e natureza se funde coas pezas artísticas que se esconden entre aves, arbustos e flores. 

6. Recorre a cidade en bici

Outro plan ideal para esta época do ano é descubrir a cidade en bicicleta, percorrendo os case 50 quilómetros do noso carril bici. Ademais, non terás que viaxar coa túa bicicleta ao lombo xa que tes a posibilidade de elixir as de BiciCoruña ou reservar unha nos negocios de alugueiro de bicicletas da cidade.

7. Inaugura a temporada de praia

Para os máis atrevidos, a tempada de praia comeza antes na Coruña. Se as temperaturas acompañan, anímate co primeiro mergullo do ano en calquera das praias coruñesas. Podes escoller entre As Lapas, Matadoiro, San Amaro, Orzán ou Riazor, aínda que esta última conta con fieis bañistas ao longo de todo o ano. 

Nesta época recomendámosvos especialmente as tres primeiras, xa que ao estar máis recollidas non vos resultará nada difícil atrevervos a bañarvos en augas do Atlántico.

Praia de Orzán

Praia de Orzán

7. Goza dun pícnic coa posta de sol de fondo

A Coruña conta con parques e xardíns perfectos para gozar dun pícnic coa túa familia, parella ou en solitario. O parque de Santa Margarida ou o de Eirís son moi boas opcións, así como calquera areal urbano con vistas ao horizonte e cos últimos raios de sol de fondo.


A Coruña en concerto!

Festivais A Coruña

Son moitas as cousas que nos definen como cidade: o mar, a moda, a gastronomía, a nosa forma de vivir a vida... E nisto último hai un elemento clave: a música.

Pequenas actuacións en acústico, grandes festivais, cheos en salas de concertos, o Coliseum... A oferta musical que alaga a cidade non só é ampla durante os meses de verán, senón que se estende ao longo de todo o ano.

Se tes pensado visitarnos proximamente, aproveita a seguinte listaxe de eventos musicais na nosa cidade e ¡gózanos ao grande!

CONCERTOS

Pomba San Basilio - Palacio da Ópera - 03/05/2025

Ara Malikian - Palacio da Ópera - 04/05/2025

Bad Religion - Coliseum - 10/05/2025

Marlena - Sala Inn - 10/05/2025

Chayanne - Coliseum - 18/05/2025

Valeria Castro - Palacio da Ópera - 18/05/2025

Myke Towers - Coliseum - 23/05/2025

Guitarricadelafuente - Coliseum - 18/05/2025

OBK - Palacio da Ópera - 31/05/2025

JC Reyes - Coliseum - 07/06/2025

Ismael Serrano - Palacio da Ópera - 08/06/2025

Tony Ann - Teatro Colón - 12/06/2025

Camela - Coliseum - 20/06/2025

Rigoberta Bandini - Coliseum - 21/06/2025

Trono - Coliseum - 27/06/2025

Pablo López - Coliseum - 05/07/2025

Alanis Morissette - Coliseum - 09/07/2025

Miguel Bosé - Coliseum - 11/07/2025

Lionel Richie - Coliseum - 31/07/2025

Pimpinela - Palacio da Ópera - 13/09/2025

Joaquín Sabina - Coliseum - 18, 20/09/2025Quevedo - Coliseum - 26/09/2025

Coque Malla - Palacio da Ópera - 04/10/2025

Andy e Lucas - Palacio da Ópera - 05/10/2025

Duki - Coliseum - 12/10/2025

Antonio Orozco - Coliseum - 18/10/2025

Revólver - Teatro Colón - 08/11/2025

Vanesa Martín - Palacio da Ópera - 08/11/2025

Os Segredos e Pancho Varona - Palacio da Ópera - 22/11/2025

Ana Belén - Palacio da Ópera - 23/11/2025

Sen Senra - Coliseum - 12/12/2025

David Bisbal - Coliseum - 13/12/2025

Concerto de Omar Montes nas festas de María Pita

Festas de María Pita de 2024

Festas de María Pita

As festas por excelencia da cidade que duran todo o mes de agosto. Concertos de grandes artistas ou grupos de música actual e tradicional danse cita na histórica praza de María Pita. Completan a programación actividades culturais para toda a familia, a romaría de Santa Margarida ou eventos deportivos como o Trofeo Teresa Herrera de fútbol.

Ademais, nestas festas enmárcase o Festival Noroeste Estrella Galicia, un evento gratuíto no que poder gozar de música en directo e de diferentes estilos en lugares tan diversos da cidade como a praza de Azcárraga, o Campo da Leña ou a praia de Riazor.

FESTIVAIS

Wake Up Festival - Parque de Bens - 04-05/07/2025

Morriña Fest - 25-26 xullo 2025

Atlantic Pride - 6-13 xullo 2025

Ciclo Coruña Sounds (distintas datas): Leiva (12/07), Arde Bogotá (19/07), Joaquín Sabina (18, 20/09)

Ou Son do Nordés: Ao Bano e Romina (18/07), Il Divo (19/07)

Recorda Fest - 5-6 setembro


Irving Penn: Centennial

Irving Penn: Centennial

A cuarta exposición promovida pola Fundación Marta Ortega Pérez (Fundación MOP) poderá visitarse ata o 1 de maio de 2025 no peirao de Batería.

'Irving Penn: Centennial', creada por The Metropolitan Museum of Art de Nova York en colaboración coa Fundación Irving Penn, é a retrospectiva máis completa deste mestre da fotografía presentada ata a data en España.

O Peirao de Batería acolle esta mostra formada por máis de 160 fotografías e outras pezas únicas realizadas entre finais dos anos 30 e a primeira década do século XXI.

Do 23 de novembro e ata o 1 de maio de 2025, vive unha experiencia artística única na Coruña.

As imaxes que aparecen neste artigo son cortesía da Fundación MOP.

Irving Penn: Centennial
Irving Penn: Centennial

Guía de ocio

Primavera A Coruña

Xardíns de Méndez Núñez

A Coruña florece esta primavera a través da música, o humor e a arte

A Cidade de Cristal brinda ao visitante unha oportunidade única no ano de gozar dos seus xardíns, cheos de cor, e das súas terrazas que desprenden unha nova enerxía. Os días, cada vez máis longos, animan a poñer en marcha unha nova axenda cultural máis completa e con múltiples propostas artísticas, gastronómicas e musicais.

E que dicir da potente oferta cultural da cidade. A quinta edición do Encontro Mundial do Humorismo (EMHU), novas exposicións, obras de teatro ou concertos da Orquestra Sinfónica de Galicia e de grandes artistas como Lenny Kravitz, Los Pecos ou Morgan fan da Coruña unha cidade perfecta para vivir a cultura con todos os sentidos.

Consulta todos os eventos na nosa guía de lecer!

Merendeiro San Roque primavera A Coruña

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en