Concello da Coruña

Concello da Coruña

AVEC AMOUR ET ACHARNEMENT (Lume) de Claire Denis

Claire Denis adapta unha novela da escritora francesa Christine Angot, guionista do seu anterior 'Un sol interior' (2017) e autora coa que comparte a súa visión das relacións afectivas como algo terriblemente complexo, ás veces violento, e a expresión das emocións e dos conflitos a través do corpo.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Os días 20/09/2024, 21/09/2024

Horario:

Venres ás 20.00 h

Sábado ás 17.30 e 20.00 h

Duración:

116 minutos

Enderezo:

Cines Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

Prezo: 3,00 €

Descontos

Carné Xove, + 65 anos ou persoas desempregadas 2,00 €

Sesión do espectador: sábados ás 17.30 h prezo único 1,50 €

** Para a aplicación dos descontos é imprescindible presentar o documento que o acredite no momento de comprar a entrada e no acceso ao lugar de proxección.

Televenda:

Ataquilla.com

Requisitos:

CONDICIÓNS DE ACCESO E PERMANENCIA EN SALAS DE CINEMA

  • Puntualidade. Unha vez comezada a proxección non se permitirá o acceso á sala nin se garante se se abandona a sala durante a mesma.
  • Ao acceder á sala de cinema poderase pedir o documento que acredite o beneficio dalgún dos descontos aplicables segundo política de descontos.
  • Non se admiten cambios nin devolucións excepto en caso de suspensión.
  • Non se permite o consumo de alimentos ou bebidas na sala.
  • Non está permitido gravar ou fotografar as películas.
  • Apaguen os móbiles antes de que comece a proxección. O seu son e luz molestan ao resto do público.
  • As salas de cinema teñen reservado o dereito de admisión.
  • Por normativa de evacuación, todas as persoas que accedan ás salas de cinema teñen que contar con entrada, independentemente da idade ou de que ocupen ou non butaca.
  • Os carriños e soportes de bebés deixaranse nos espazos habilitados para eles fóra da sala. O persoal do edificio daralles as indicacións necesarias.
  • Recomendamos consultar a sinopse e idades recomendadas das películas.
  • Garde as súas localidades durante a proxección; poderán ser requiridas polo responsable da sala.
  • A organización resérvase o dereito de recolocación da localidade por causas xustificadas e necesarias.

Páxina web:

https://www.caramelfilms.es/catalogo/fuego/

Organiza:

Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE)

Contacto:

forummetropolitano@coruna.gal

Cando se coñeceron, Sara vivía con François, o mellor amigo de Jean. Agora, Jean e Sara quérense e viven xuntos desde hai 10 anos. Un día, Sara ve a François pola rúa. El non se dá conta, pero a ela invádelle a sensación de que a súa vida podería cambiar repentinamente. Ao mesmo tempo, François retoma o contacto con Jean por primeira vez en anos e proponlle volver traballar xuntos.

Con Juliette Binoche, Vincent Lindon

Francia 2022

116 minutos - VOSE

Non recomendada menores 12 anos

Ligazón a tráiler

https://youtu.be/jTBrS1L7L68

VENDA DE LOCALIDADES

  • Venda en liña: Ataquilla.com
  • Venda en despacho de billetes do Fórum: unicamente días de proxección desde media hora antes (sempre que queden localidades dispoñibles)
  • Venda no despacho de billetes da praza de Ourense: de luns a venres de 11.00 h a 15.00 h e de 16.30 a 19.30 h (agás festivos)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Iniciar sesión