Gústache a comedia elegante? O humor intelixente? A erótica do poder? Se queres risas E ALGO MÁIS, Escándalo en palacio é a túa ALTA COMEDIA
Para público en xeral
Dende o 10/01/2025 ata o 11/01/2025
20.30 h
22,00 / 25,00 € segundo zona
1ª fileira de principal (visibilidade reducida): 20.00 €
Desconto do 20% para Carné Xove, maiores 65 anos, persoas desempregadas
Desconto do 25% para familia numerosa
*Os desconto aplícanse previa presentación do documento que acredita o desconto
NORMAS DE ACCESO AO RECINTO
• Todo o que acceda ao recinto no que terá lugar o espectáculo debe facelo con entrada independentemente da idade que teña ou de ocupar ou non butaca
• Non se admiten cambios nin devolucións das entradas
• Non está permitida a entrada ao recinto no que terá lugar o espectáculo con comida nin bebida excepto auga
• Están reservados todos os dereitos de imaxe e propiedade intelectual dos espectáculos programados. Non se permite sacar fotos nin gravar antes, durante nin ao finalizar o espectáculo sen a autorización da organización
• Unha vez comezado o espectáculo non se permitirá o acceso á sala
RECOMÉNDASE:
Actuar con responsabilidade.
Estudo do Momento SC
O texto é unha idea orixinal de Pedro Ruiz, adaptada aos novos tempos por Estudo Momento. Unha sátira política brillante e incisiva con Intelixencia Artificial, Fake News, Redes Sociais, xornalistas-estrela, telelixo, política... E moitas sorpresas máis!
Esta é a obra da que todo o mundo fala. 100x100 orixinal. 100x100 elegante. 100x100 hilarante.
Xoán C. Mejuto interpreta a Bernard Mathieu, un presidente en apertos que destaca polas súas habilidades á hora de aferrarse ao poder. A súa maior virtude? O engano. Iria Ares é Paola D´Angio, unha Primeira Dama que porá patas para arriba a todo un país. O seu maior defecto? A sinceridade.
O escándalo salta definitivamente cando a televisión emite en prime time un vídeo do primeiro encontro sexual entre Bernard e Paola, cando o presidente aínda estaba casado coa súa primeira muller!
Bernard sabe que ten que DIMITIR, aínda que a palabra se lle atragante na garganta, Paola, en cambio, ve unha oportunidade única para mellorar a popularidade da parella presidencial. E o pobo? E a prensa? E o mundo da política? Se queres saber en que termina toda esta lea e cales son as artimañas do PODER e os seus mecanismos... Ven ver Escándalo en palacio! O que verás aquí, non cho van a contar en ningún outro sitio...
QUE EMPEZA O SHOW!
Dirección - Iria Ares e Xoán C. Mejuto
Actores - Xoán Carlos Mejuto e Iria Ares.
Idea orixinal e dramaturxia - Pedro Ruiz
Espectáculo non recomendado para menores de 13 anos
Xénero: alta comedia
Duración: 90 minutos
VENDA DE ENTRADAS:
Entidades