Concello da Coruña

Concello da Coruña

Historias con Candela de Eugenia Manzanera

BEBESCENA Outono 2024

A quen vai dirixido?:

Familias con bebés desde 6 meses

A quen vai dirixido:

Familias, Para público en xeral

Cando:

01/12/2024

Horario:

11.30 e 13.00 h

Duración:

45 min aprox.

Enderezo:

Auditorio do Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

ENTRADA: 6,00 €

ABONO FAMILIAR (3 entradas para a mesma función): 15,00 €

MENORES DE 3 ANOS: 2,00 €

Televenda:

Ataquilla.com

Requisitos:

Cousas que debes saber antes de vir vernos:

  • Pídese puntualidade. Non se permitirá acceder á sala unha vez que comece a función.
  • Todas as persoas que accedan ao recinto onde terá lugar o espectáculo deben facelo con entrada, independentemente da idade que teñan e de se ocupan ou non butaca.
  • Non está permitido entrar á sala con comida nin bebida (excepto auga).
  • Non está permitido sacar fotos nin gravar durante a función.
  • A capacidade da sala é limitada, polo que che recomendamos adquirir as túas entradas con antelación para asegurares a túa praza.
  • Por cuestións de seguridade, os carriños e cadeiras de bebé deben permanecer fóra da sala.
  • As entradas non permiten cambios nin devolucións, polo que che suxerimos revisar todos os detalles do evento antes de realizar a compra.

Organiza:

Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE)

Contacto:

agora@coruna.gal

Selección de contos, cancións, rimas asonantes e consonantes... palabras, palabras... que cobran vida a través do xogo e a imaxinación.

Todo "conta" nesta sesión de contos; a "contacontos" utilizará o seu propio corpo, a súa voz, luvas-animais, obxectos (os obxectos están vivos, teñen o seu fluír, posúen historias, texturas, palabras, sons rápidos ou lentos) e, por suposto, libros (libros como caixiñas que encerran cores, personaxes, palabras).

Acompañada pola música de Mónica Botella (guitarra, acordeón, sansula, segunda voz...) e outros instrumentos que tocará para envolver a Candela e a todas as persoas que se acheguen a escoitar e sentir as súas historias.

  • Dirección e interpretación: Eugenia Manzanera
  • Música en directo e espazo sonoro: Mónica Botella
  • Texto: Eugenia Manzanera / tradición oral
  • Deseño de posta en escena, luces, vestiario: MELANERA

VENDA DE ENTRADAS

  • www.ataquilla.com
  • Despacho de billetes da praza de Ourense (excepto festivos): de luns a venres das 11.00 ás 15.00 h e das 16.30 ás 19.30 h
  • Despacho de billetes do Ágora: dende unha hora antes do comezo do espectáculo (sempre que queden entradas dispoñibles).

PAGAMENTOS: no despacho de billetes da praza de Ourense, no do Ágora e na venda en liña con tarxeta de débito ou crédito, excepto American Express.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Iniciar sesión