Pode que leves anos vendo Pantomima Full en formato dixital, pero ti, que se estás a ler unha recensión é porque xa tes unha idade, sabes perfectamente que as cousas feitas á man teñen un valor especial.
Para público en xeral
07/12/2024
20.30 h
Platea: 22,00 €
Palco central: 22,00 €
Palco lateral: 22,00 €
Principal: 20,00 €
1.ª fileira de principal, visibilidade reducida: 18,00 €
Desconto do 20% para Carné Xove, maiores de 65 anos e persoas desempregadas
Desconto do 25% para familias numerosas
*Os descontos aplicaranse logo da previa presentación do documento que acredita o desconto.
NORMAS DE ACCESO AO RECINTO
• Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o espectáculo deben facelo con entrada, independentemente da idade que teñan ou de ocupar ou non butaca.
• Non se admiten cambios nin devolucións das entradas.
• Non está permitido entrar ao recinto no que terá lugar o espectáculo con comida nin bebida, excepto auga.
• Están reservados todos os dereitos de imaxe e propiedade intelectual dos espectáculos programados. Non se permite sacar fotos nin gravar antes, durante, nin ao finalizar o espectáculo, sen a autorización da organización.
• Unha vez que comece o espectáculo non se permitirá acceder á sala.
RECOMÉNDASE:
Actuar con responsabilidade.
Etiqueta Negra Producciones SL
teatrocolon@coruna.gal
Que onde estea o artesanal, que se quite o industrial. Xa pagas tres euros e medio por un pan de espelta, dous cincuenta por un café de especialidade recentemente moído e dez por un cóctel cuxo valor engadido é que o camareiro leva tirantes e o vaso é un peixe. Cremos que vale a pena pagar un pouquiño por ver estes rapaces facendo as súas bromiñas de forma manual, sen edición, sen cortes, só ti e eles. Puro produto. Ir vernos tamén encaixa na imaxe que queres dar de ti mesmo. Déixate estafar por nós tamén.
Pantomima Full, hecho a mano é o terceiro espectáculo de Pantomima Full. Tan malo non será se a xente chapou o primeiro e logo o segundo. Ofrece máis do mesmo, isto é así, atopamos unha fórmula que nos funciona e imos espremela. É o que faría calquera. Por tanto, se che apetece estar durante unha hora e media vendo monólogos sobre os temas dos nosos vídeos e pezas cómicas cos nosos personaxes, pilla unha entrada. Outras cousas valen máis e pensáchelo menos. Na túa vida liches a recensión duns vaqueiros.
VENDA DE ENTRADAS
Entidades