Concello da Coruña

Concello da Coruña

Ruta Cidade Vella

Benvidos á Cidade Vella, unha visita imprescindible pola historia da Coruña. Os nomes das súas rúas, as igrexas e as súas casas palacianas, contaranche os segredos do noso pasado medieval e barroco.

Goza deste paseo polas empedradas rúas que ocupan a antiga cidade, refundada en 1208 por orde de Alfonso IX de León, á beira do bravo Atlántico Norte, no antigo asentamento romano de Crunia.

María Pita

María Pita dá nome a unha praza moi importante nesta cidade, e a moitas cousas máis. Agora ímosche a explicar por que.

En 1589 as tropas inglesas, dirixidas polo corsario Francis Drake, cercan e atacan a cidade amurallada por encargo de Isabel I, raíña de Inglaterra.

No asalto morre Gregorio de Racamunde, marido de María Pita. Ela, cargada de ira, arrebata a bandeira inglesa dunha lanza e mata o irmán de Francis Drake ao berro de "Quen teña honra que me siga" . Contan que, con este feito, as tropas invasoras afundíronse e iniciaron a súa retirada. E así é como María Pita e os 4.000 habitantes da cidade defendéronse ante 12.000 homes do exército inglés.

A estatua, que preside a praza de María Pita, representa a heroína coa lanza en posición de ataque e o corpo sen vida do seu esposo aos seus pés.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Iniciar sesión