Concello da Coruña

Concello da Coruña

Arquivo do Reino de Galicia

O Arquivo do Reino de Galicia foi creado en 1775 pola Real Audiencia de Galicia co fin de albergar a súa documentación. A súa sede actual é do ano 1955, e desde 1962 coñécese como Arquivo Histórico do Reino de Galicia. Na actualidade desempeña unha dobre función, por unha banda como Arquivo Histórico Provincial da Coruña e, por outro, como Arquivo Histórico de toda Galicia.

Enderezo:

Xardíns de San Carlos 1. 15001 A Coruña

Teléfono:

+(34) 881 960 360

Fax:

+(34) 881 960 374

Páxina web:

http://arquivosdegalicia.xunta.es

Servizos:

Custodia de documentos.

Consulta documental propia de todo arquivo histórico.

Laboratorio para a conservación.

Sala de consulta.

Biblioteca auxiliar de apoio ás persoas investigadoras.

Reprografía e microfilmación (só para obras e documentos custodiados no Arquivo).

Horario:

Inverno (setembro a xuño):

Luns a venres de 08:30 h a 20:30 h

Verán (xullo e agosto):

Luns a venres de 08:30 h a 19:30 h

Ten os seus antecedentes na Real Cédula de Carlos V do 3 de febreiro de 1529 e na Real Provisión do mesmo emperador e da súa nai, dona Juana, do 1 de marzo de 1543, nas que se ordenaba custodiar e poñer a recado os procesos da Real Audiencia de Galicia, institución creada polos Reis Católicos por diversas disposicións a partir de 1480. A súa orixe inmediata está, con todo, na Real Cédula de Carlos III do 22 de outubro de 1775, pola que se crea o Arquivo, dótase de persoal e regúlase o seu funcionamento. Instalado no Palacio da Real Audiencia, hoxe Capitanía Xeral, foi trasladado aos sotos do Palacio de Xustiza en 1936, onde permaneceu ata 1956, en que se acomodou no edificio que actualmente ocupa.

Construíuse con proxecto do arquitecto Antonio Tenreiro Rodríguez e inaugurouse o 5 de setembro de 1955. Na actualidade, o Arquivo ocupa a totalidade dun espazo concibido inicialmente para albergar tamén a chamada Casa da Cultura e a Biblioteca Pública. Sitúase xunto ao Xardín de San Carlos, de carácter histórico, onde está situada a tumba do xeneral inglés Sir John Moore.

Ocupa 4 plantas de oficina e diferentes depósitos, en tres bloques unidos, con acceso ao público pola rúa San Carlos e o xardín do mesmo nome.

Declarado Ben de Interese Cultural dende 1985.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Iniciar sesión