Concello da Coruña

Concello da Coruña

Museo dos Reloxos

No Palacio Consistorial sempre atoparás un reloxo disposto a darche a hora. Aquí albérgase unha interesante e amplísima colección de reloxos procedentes de Inglaterra, Holanda, Francia e España, que cronoloxicamente abarcan desde o século XVIII ao XX. Xunto a eles pode gozarse dunha pinacoteca de altísimo nivel.

Enderezo:

Praza de María Pita 1, 1º. 15001 A Coruña

Teléfono:

(+34) 981 184 226 e (+34) 981 184 200 Exten.: 10170 e 10086 (grupos)

Horario:

De luns a venres, excepto festivos: 17:00 a 19:00.

Pechado en agosto, os días de actos oficiais previstos no Palacio Municipal e mentres se expón o Belén Do Nadal.

Prezo / Custo:

Entrada gratuíta.

Na Planta Nobre do Palacio Municipal están a Alcaldía, o Salón de Plenos e as coleccións municipais, onde ademais dos reloxos podes atopar unha pinacoteca de altísimo nivel e a colección de marcas prefilatlélicas.

Esta colección de reloxos procede dunha doazón feita ao Concello da Coruña polo coleccionista Antonio Ríos Mosquera e está composta por 82 pezas, entre elas reloxos de mesa, de caixa alta ou de caixa pequena. Tamén hai pezas especialmente destacables como o reloxo de Xavier Méndez de Saavedra, cura párroco de Ladrido, e de reloxeiros de sona coma Julien Royal, reloxeiro de Luis XV.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Iniciar sesión