Concello da Coruña

Concello da Coruña

Domus

A Domus, é un museo interactivo dedicado ao ser humano. A través dos seus módulos trata de espertar a curiosidade sobre aspectos relativos aos nosos sentidos, a xenética, como somos ou a evolución de ser humano a través do xogo e a diversión. Tanto nenos como maiores gozan da experiencia de aprender a través dos sentidos.

Un percorrido por máis de 150 módulos entre os que atoparemos, por exemplo, un rostro con máis de dez mil fotografías de caras que reproduce a Gioconda de Leonardo da Vinci.

O museo conta cunha sala de cinema IMAX, Leonardo da Vinci, onde gozar de cinema científico nunha pantalla de 80 m2 e con 4000 watts de son de calidade dixital.

O espectacular edificio é obra do arquitecto xaponés Arata Isozaki, premio Pritzker de arquitectura, e César Portela. Álzase sobre unha antiga canteira como unha vela inflada polo vento.

Diante do museo, fronte ao mar, un soldado romano de bronce. A escultura, coñecida tamén como O Guerreiro, é obra do escultor Fernando Botero.

Documentos relacionados

  • Plano contidos Domus (7 MB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Iniciar sesión