A Fundación Marta Ortega Pérez (MOP) é unha entidade privada sen ánimo de lucro cuxa actividade consiste na celebración de exposicións de primeiro nivel e está estruturada sobre tres alicerces: a moda, a fotografía e A Coruña.
Helmut Newton - Fact & Fiction © Profirst - Justin Paquay
Exposicións.
Para o Centro MOP recuperáronse uns antigos silos e unha nave industrial para transformándoos nun espazo cultural accesible á cidade, sendo a relación desta co mar a gran protagonista.
O centro MOP da fundación está situado na zona portuaria da Coruña e foi deseñado pola arquitecta coruñesa Elsa Urquijo.
Helmut Newton - Fact & Fiction segue o ronsel das mostras dedicadas a Peter Lindbergh (2021) e Steven Meisel (2022).
Así, o público poderá gozar e experimentar en primeira persoa a arte de Helmut Newton quen, ao longo de seis décadas de carreira, chegou a ser considerado un dos fotógrafos máis importantes do mundo.
A selección de fotografías que conforma a exposición inclúe os seus icónicos "grandes espidos" e os inesquecibles retratos de personaxes excepcionais como Andy Warhol, David Bowie, Margaret Thatcher, Charlotte Rampling, Elsa Peretti, Daryl Hannah, Jerry Hall, Naomi Campbell, Yves Saint Laurent e Karl Lagerfeld.
Como contrapunto ás súas imaxes máis emblemáticas, a exposición inclúe exemplos de paisaxes "menos coñecidas" e descobre a faceta persoal do artista a través dunha serie de vídeos e imaxes persoais e outros documentos como carteis, cámaras e equipos, accesorios, obxectos curiosos e recordos.
Helmut Newton - Fact & Fiction