Concello da Coruña

Concello da Coruña

Hotel Zenit Coruña****

O Hotel Zenit Coruña está situado na praza de Pontevedra, nunha importante zona comercial do centro da Coruña. O hotel está situado xunto ás praias de Riazor e Orzán. Este hotel ofrece unha acolledora e moderna funcionalidade que lles garante aos seus e ás súas hóspedes unha estancia agradable na Coruña tanto para as súas viaxes de negocios como de pracer.

Enderezo:

Rúa Comandante Fontanes 19. 15003 A Coruña

Teléfono:

+ (34) 981 218 484

Fax:

+ (34) 981 204 040

Páxina web:

http://www.zenithoteles.com

Servizos:

Aparcadoiro.

Servizo de cuartos.

Servizo de lavandería - tinturería.

Calefacción.

Aire acondicionado.

Teléfono e TV.

Caixa de seguridade.

Salóns para banquetes e reunións.

Wifi.

Restaurante A Marola.

Accesible para persoas con discapacidade.

Admítense animais de compañía.

Con 70 cuartos, o Hotel Zenit Coruña garántelle un profundo descanso nuns dormitorios equipados cunhas instalacións modernas adaptadas para persoas discapacitadas físicas. Poñemos á túa disposición distintos tipos de cuartos para que poidas elixir a que máis se adapte ás túas necesidades, dormitorios dobres superiores, individuais, dobres e, por suposto, pensando tamén na comodidade dos/das máis pequenos7as da casa, podemos facilitarche berces e camas supletorias para unha experiencia inesquecible en familia.

No noso hotel dispoñemos de salóns moi versátiles que se adaptarán ás necesidades que esixa o evento que desexa celebrar. Para maior comodidade dos/das hóspedes o hotel dispón de aparcadoiro propio.

Así mesmo, o restaurante do hotel, o restaurante Marola, convídao/a a degustar unha exquisita e creativa cociña cos sabores máis tradicionais de Galicia. Zenit Hoteis conta ademais neste hotel con menús especiais para celíacos e cumpre coa regulación especifica para persoas con mobilidade reducida. Ademais Zenit Hoteis suxire neste hotel o uso responsable do consumo de auga, aplicando unha especial sensibilidade polo coidado do medio ambiente.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Iniciar sesión