Concello da Coruña

Concello da Coruña

En parella

A Coruña ten todo o que necesitas para gozar dunha escapada romántica. Se buscas sorprender a túa parella regálalle unha fin de semana na Cidade de Cristal. Roubaralle o corazón! Paseos á beira do mar, interminables solpores, contornas idílicas, arquitectura modernista, elegantes aloxamentos, opcións "benestar", o último en moda e tendencias, e unha oferta culinaria moi tentadora estanvos agardando.

Moitos son os plans que poderedes gozar aquí. Apetece deleitarse coas vistas no paseo marítimo máis longo de Europa? Animádesvos a subir ao alto do faro máis antigo do mundo en funcionamento? Queredes coñecer a tradición cervexeira da Coruña e catar a mellor cervexa no museo MEGA ? Ou por que non unha tarde de praia e de posta de sol? Teredes unha estancia chea de sorpresas!

Desde almorzar no cuarto con vistas ao Atlántico, relaxarse con algún dos tratamentos de Termaria, gozar das sesións vermú e o tapeo, unha velada nun restaurante Estrela Michelín admirando a baía coruñesa, tomar unha copa á noitiña, ou reservar entrada para algún espectáculo ou concerto... o frechazo está asegurado.

Consulta a Axenda de eventos  e organiza a túa escapada!

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Iniciar sesión