Concello da Coruña

Concello da Coruña

A Coruña, cultura de vivir. Programación 2024.

Festival Noroeste Estrella Galicia

A Coruña acolle este ano grandes eventos musicais, importantes xornadas gastronómicas e congresos científico-tecnolóxicos.

A nosa cidade alberga durante todo o ano espectáculos musicais, de humor, xornadas científicas, feiras gastronómicas ou eventos co teatro e a poesía como protagonistas que converten A Coruña nunha urbe onde experimentar e gozar da cultura cos cincos sentidos.

Así, para este ano destacan varias actividades que son cita indiscutible para todas as persoas que visitan a nosa cidade. Aquí deixámosche algunhas ideas:

Morriña Fest (26-27 xullo)

Un festival que une grandes artistas de diferentes xéneros e estilos musicais conseguindo reunir, nun mesmo lugar, a un público variado e que acode ao evento musical desde diferentes puntos do país.

Aitana, Louis Tomlinson, Yandel, Sen Senra, La La Love You ou Dani Fernández encabezan un cartel que cada ano suma máis adeptos.

Coruña Sounds (do 8 de xuño ao 24 de xullo)

O gran ciclo de concertos que se celebra durante o verán na Coruña e que reúne a importantes artistas do panorama nacional e internacional. Un festival único para todos os públicos onde soarán diferentes estilos musicais.

O Porto da Coruña, o Coliseum e o Palacio da Ópera serán os escenarios elixidos por Camilo (08/06), Emilia (22/06), Robe (13/07), Luís Miguel (21/07) ou Chris Isaak (24/07) para seguir situando a cidade herculina como un referente na cultura musical.

Atlantic Pride (do 7 ao 14 de xullo)

Un evento único en Galicia. O Atlantic Pride, tamén coñecido como o Festival de Cultura LGTBI+ da Coruña, é unha proposta artística e cultural que busca ser un elemento de transformación da sociedade a favor da igualdade e a non discriminación.

A diversidade logra unha gran visibilización na cidade grazas a actuacións de artistas e grupos como Nebulosa (que representará este ano a España en Eurovisión), Chanel, Luna Ki, Rosa López, Las Ketchup, Mondra, Lontreira ou Sila Lua entre outros.

Festa María Pita (todo agosto)

As festas grandes da cidade, as Festas de María Pita. Un mes de concertos, feiras, exposicións e actividades culturais que baixo o nome da nosa heroína, María Pita, organízanse para gozo de locais e visitantes.

Aínda non se coñecen os artistas que pasarán pola emblemática praza de María Pita, situada na Cidade Vella, pero sen ningunha dúbida estará á altura de grandes cantantes como Mika, Luís Fonsi, Vanesa Martín, Umberto Tozzi, Miguel Costas ou Revolver.

Descubre un avance de todo o que che espera na nosa cidade este 2024 para seguir formando parte da nosa cultura de vivir.

Festival Noroeste Estrela Galicia

Festival Noroeste Estrella Galicia (8-10 agosto)

Sen dúbida, é o prato forte das Festas de María Pita. Un evento musical gratuíto que enche diferentes espazos da cidade de moi boa música, dando sempre cabida a grupos locais e emerxentes. Destaca, ademais, polos concertos na máxica praia de Riazor.

Este ano o festival conmemora a súa 37ª edición e xa ten importantes confirmacións como o coruñés Xoel López ou Vetusta Morla, un dos maiores grupos do indie nacional.

Guía de ocio

Morriña Fest 2023

A música, protagonista indiscutible do mes de xullo

Hai un mes perfecto para gozar da música na Coruña, e ese é xullo. Grandes eventos musicais como o Morriña Fest, o Coruña Sounds, o Atlantic Pride ou o festival Wake up and Dream sitúan a cidade como un referente a nivel cultural e musical en toda España.

Pero desde o 16 de xullo tamén haberá outra gran protagonista: a gastronomía. A través da iniciativa 'A Coruña, ¡que bonito', todo aquel que visite a cidade poderá degustar o bonito, un auténtico manxar do atlántico, en diferentes restaurantes da localidade ata o 18 de agosto.

¡Non te perdas ningún plan coa nosa guía!

Xornadas bonito

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Iniciar sesión