Concello da Coruña

Concello da Coruña

Casa Museo Picasso

En agosto de 1891, Pablo Ruiz Picasso trasládase coa súa familia á Coruña onde o seu pai exerce como profesor da Escola de Belas Artes e Oficios. Contaba nese momento con 9 anos de idade.

Enderezo:

Rúa Payo Gómez 14, Bajo y 2. 15004 A Coruña

Teléfono:

+ (34) 981 189 854

Horario:

  • De martes a sábado de 10.00 a 13.00 horas e de 17.00 a 20.00 horas.
  • Domingo, luns e festivos pechado.

Prezo / Custo:

Entrada de balde

Nos catro anos da súa etapa coruñesa o Picasso mozo continúa cos seus estudos e perfecciona a súa extraordinaria habilidade como debuxante. Aquí iníciase como pintor e realiza a súa primeira exposición, e mantén unha relación intensa cos lugares máis representativos da cidade, como a Torre de Hércules, a praia de Riazor, o Teatro Rosalía ou o parque de Santa Margarida.

A súa Casa Museo, lugar que habitou durante a súa estancia na Coruña, recrea unha típica vivenda do século XIX. Nela expóñense reproducións da súa obra coruñesa, así como un gravado orixinal do artista.

Documentos relacionados

  • Dosier Casa Museo Picasso_galego (411 KB)
  • Dosier Casa Museo Picasso_castelán (418 KB)
  • Dosier Casa Museo Picasso_inglés (411 KB)
  • Solicitude de reserva de visita ás Casas Museo Grupos escolares (308 KB)

Segue a Ruta Picasso

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Iniciar sesión