Concello da Coruña

Concello da Coruña

Teatros e espectáculos

Teatro Rosalía

O Teatro Rosalía é un edificio do século XIX situado en pleno centro da cidade que acolle os máis prestixiosos eventos e espectáculos musicais e teatrais.

Teatro Colón

Situado nos Xardíns de Méndez Núñez, o Teatro Colón é un edificio capital para a cultura coruñesa. Cada fin de semana podemos gozar de grandes artistas do teatro, a música ou a comedia sobre o seu escenario.

Palacio da Ópera

Nun marco incomparable, ao pé do Parque de Santa Margarita, o Palacio da Ópera constitúe un recinto único con instalacións capaces de adaptarse a todo tipo de eventos artísticos, culturais e sociais. Ópera, teatro, concertos, ballet, desfiles,... A súa axenda é en grao sumo completa. Polo seu Auditorio Principal han pasado os grandes nomes do mundo do espectáculo.

Coliseum

O Coliseum da Coruña é un recinto multiusos destinado a todo tipo de espectáculos, desde concertos, eventos deportivos, de lecer ou mesmo feiras sectoriais.

Palexco

Palexco álzase á beira do mar, no corazón da Coruña, arrodeado das emblemáticas galerías, a mariña deportiva, o peirao de transatlánticos, o centro histórico...e a un paso dos mellores hoteis, tendas e restaurantes da cidade.

ExpoCoruña

EXPOCoruña é o espazo perfecto para celebrar todo tipo de eventos: Feiras, congresos, competicións deportivas, reunións de empresa, concertos, exposicións, desfiles, festivais, obradoiros...

Principais Novidades

Axenda por tema

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Iniciar sesión