A Coruña é unha cidade inspiradora
Unha urbe que inspira a artistas, de tradición e vangarda, de eventos e festivais.
Inspirou a Picasso nos seus comezos na pintura. Inspirou a grandes escritoras universais e a heroínas que defenderon aos seus veciños nas máis bravas loitas. Unha cidade alegre, aberta e creativa, orgullosa da súa riqueza patrimonial e cultural, da súa arquitectura modernista, das súas rúas vibrantes con espazos artísticos para todos os gustos, e das novas promesas da arte e o deseño que amosan o seu talento ao mundo.
Coñece a nosa historia e o noso presente nunha extensa variedade de museos, galerías, teatros e espectáculos. E déixate inspirar por esta cidade atlántica.
+ Museos