Concello da Coruña

Concello da Coruña

A Coruña, que bonito!

Unha homenaxe ao bonito da Lonxa da Coruña da man dos mellores establecementos da cidade.

Do 16 de xullo ao 18 de agosto, nas Xornadas Gastronómicas A Coruña, QUE BONITO!, podes gozar de orixinais creacións culinarias elaboradas con este produto de gran valor gastronómico.

Os mellores restaurantes da Coruña, que comparten a paixón pola materia prima galega e de proximidade, elaboraron especialmente para esta ocasión deliciosas propostas tradicionais e vangardistas co bonito da Lonxa da Coruña como protagonista.

Estas xornadas son unha iniciativa do Concello da Coruña para poñer en valor a excepcional calidade deste produto do mar, potenciar a competitividade do turismo gastronómico na cidade e apoiar o sector da restauración.

Achégate a calquera dos 26 establecementos participantes e escolle o prato que máis che guste.

Podes descargar o folleto aquí: A Coruña, que bonito!

Bo proveito!

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Iniciar sesión