Concello da Coruña

Concello da Coruña

San Xoán: Festa de Interese Turístico Internacional

A noite de San Xoán, do 23 ao 24 de xuño, é a noite máis máxica do ano e a gran festa da Coruña, declarada Festa de Interese Turístico Internacional. Os barrios rebulen con alegría, música e sardiñadas. Non esquezas cumprir coa tradición! Tes que probar as sardiñas asadas sobre broa (pan de millo), que ten a consistencia perfecta para servir de apoio e permíteche degustalas cos dedos. Non será o único que probes, nas grellas están moi presentes as churrascadas, os chourizos...

E a media noite centos de cacharelas iluminan as praias do Orzán e Riazor, que xunto á queima de falla e os coloridos fogos artificiais ofrecen un marabilloso espectáculo.

É o momento de conxuros e rituais purificadores para desfacerse dos malos espíritos e espantar ás meigas (bruxas),como o de saltar as laparadas en número impar para atraer á boa sorte, ou lavar a cara ao amencer coas flores silvestres dos ramos de San Xoán que poderás atopar nos mercados coruñeses.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Iniciar sesión