O Mercado Ecolóxico e de Proximidade lévase a cabo na praza do Campo da Leña os primeiros e terceiros domingos de cada mes. Sitúase nun espazo urbano en pleno centro da cidade, perfecto para gozar e comprar ao aire libre.
En cada ocasión, instálanse decenas postos chegados da cidade, comarca, provincia e Galicia creando un verdadeiro espazo de produción ecolóxica. Neles atoparás produtos frescos da horta, pan, bebidas, postos de reciclaxe e mesmo xoguetes artesáns.
Os postos do mercado son o mellor lugar para atopar auténticos alimentos ecolóxicos, e por suposto, de tempada. Ademais, mesturaraste cos coruñeses que acoden os domingos para encher as súas cestas de produtos frescos, charlar cos vendedores e quedar cos amigos.
E mentres paseas entre os postos poderás gozar da música en vivo e dos obradoiros que realizan, tanto para nenos e nenas como para adultos.
Un mercado ecolóxico e de proximidade con moito encanto.