Concello da Coruña

Concello da Coruña

Milfollas de vainilla de Tahití

4 persoas

Ingredientes:

1 kg Fariña

35 gr Fermento

2 Ovos

450 gr Leite frío

100 gr Azucre

30 gr Sal

500 gr Manteiga

Forma de elaboración:

Follado

Mesturamos todos os ingredientes, excepto a manteiga e os amasamos ata conseguir unha mestura homoxénea. Cando estea lista, dámoslle forma rectangular e colocamos dentro, coa mesma forma pero máis pequena, a manteiga en pomada, xa que debemos envolvela coa masa sen que salga fóra. Tapamos a manteiga dobrando as esquinas da masa, quitamos o exceso de fariña e estiramos a masa. A continuación dámoslle unha volta sinxela, que consiste en dobrar a masa en dúas metades, primeiro un lateral da masa cara ao centro e despois o outro extremo encima desta dobrez. Envolvemos a masa en filme e metémola na neveira media hora.

Pasado este tempo, volvemos estirar a masa e dámoslle unha volta dobre, xuntando os laterais da masa no centro desta e dobrándoa despois á metade. Intercalamos un total de tres voltas sinxelas e dúas dobres, con media hora de repouso na neveira entre cada unha. Cando acabemos o proceso estiramos a masa, fina, nunha placa e enfornámola a 175ºC durante 27 minutos.

Crema de vainilla e chocolate branco

  • 275 gr Leite
  • 75 gr Azucre
  • 23 gr Maicena
  • 80 gr Xemas
  • 30 gr Azucre avainillado
  • 190 gr Cobertura de chocolate branco
  • 2 Follas de xelatina
  • 1 Legume de vainilla de Tahití

Quentamos a lume lento todos os ingredientes excepto a nata, o chocolate branco e a xelatina. Removemos continuamente ata que chegue aos 85ºC. É o momento de engadir a cobertura de chocolate branco. Coamos a mestura e engadímoslle as follas de xelatina. A crema arrefríase na neveira tapada con filme e, cando baixe a súa temperatura, engadímoslle a nata semi montada moi amodo para que non perda consistencia.

Preparación

Abrir o follado ao longo e encher coa crema de vainilla e chocolate branco. Empoar con azucre glasé.

Máis receitas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Iniciar sesión