Concello da Coruña

Concello da Coruña

A Coruña, infraestrutura deportiva natural

Instalacións deportivas

A Coruña como cidade que vive e respira deporte por todos os seus costados conta cunha extensa rede de instalacións deportivas. ¿Estás a buscar unha cidade con boas instalacións e que ademais che ofreza experiencia inesquecible? ¿Que non che deixe indiferente? O teu destino está aquí.

A península atlántica é unha verdadeira cancha deportiva natural. Miles de coruñeses e de visitantes exploran a diario as posibilidades que ofrece a baía, as praias, os parques, a contorna da Torre de Hércules ou o Porto para practicar multitude de modalidades deportivas. O running, o surf, o ciclismo ou remo son os deportes máis practicados ao aire libre neste verdadeiro pavillón azul. Aínda que, tampouco quedan atrás as grandes infraestruturas deportivas que son sede de eventos relevantes durante todo o ano.

O Estadio de Riazor, campos de golf, piscinas...atoparasche unha infinidade de espazos nos que practicar os teus deportes favoritos. Aqui podes consultar todas as Instalacións deportivas da cidade.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Iniciar sesión