Concello da Coruña

Concello da Coruña

Parques e xardíns nos que relaxáreste na Coruña

A Coruña é unha cidade única chea de contrastes. O ambiente máis urbano fúndese coa natureza que poderás atopar a cada paso. Parques e xardíns intégranse na cidade para ofrecérenche espazos cheos de beleza, paz, lecer e de encontro.

Fai un descanso, sinte a herba debaixo dos teus pés e, por que non?, aproveita para facer un pícnic por exemplo nalgunha das mesas do parque de Santa Margarida. Sorprenderaste das incribles vistas desde o Monte de San Pedro e da luz do atardecer. E fascinarate a maxia do Parque Escultórico, onde a arte, a mitoloxía, a natureza, a forza do mar e a luz da Torre de Hércules, se unen para che ofreceren un espectáculo único.

E, por suposto, sen esquecernos dos/das máis pequenos/as da casa, xa que a variedade de parques con zonas de xogo farán a súa visita moito máis divertida.

Aquí podes consultar todos os parques e xardíns da cidade .

Non o podes perder

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Iniciar sesión