Concello da Coruña

Concello da Coruña

Ao aire libre

Sinte o noso océano!

Desconectar e relaxarse na cidade tamén é posible. E se aínda non o cres, na Coruña propoñémosche varias opcións para desestresarte e sentir toda a liberdade do Atlántico. Este incrible océano marca o noso estilo de vida e regálanos amplos areais bañados por augas refrescantes, incribles postas de sol ao longo de todo o ano e paisaxes que te deixarán coa boca aberta. Somos unha cidade mariñeira, polo que o aroma e o son do mar acompañarante na túa viaxe.

Ademais, este clima oceánico gózase tamén nas moitas zonas verdes que atoparás ao explorar a cidade. Parques, xardíns e contornas naturais que che resultarán moi terapéuticos se o que buscas é gozalos en solitario; románticos, se che apetece pasealos en parella; ou entretidos, perfectos para divertirse en familia. Neles agárdante fauna e flora autóctona, especies centenarias, obras escultóricas, historia, lendas ou áreas de xogos.

Descubrirás por que a mellor forma de percorrer A Coruña é a pé. Non esquezas a túa cámara!

Unha cidade activa

A Coruña: o destino deportivo que non agardabas

A Coruña é sen dúbida unha cidade na que gozar do exercicio ao aire libre. Xa sexas atleta ou afeccionado, sempre atoparás unha opción apetecible para adestrar, poñerte en forma ou descargar adrenalina.

O Paseo Marítimo é unha gran pista para gozar do running, o ciclismo ou a patinaxe. Ademais, atoparás espazos e instalacións con todo tipo de facilidades para que poidas practicar o tenis, o skate, ou o golf. E as praias convértense aquí tamén en escenario de raquetas ou voleibol, e por suposto, o punto de encontro de surfeiros ou amantes da vela, o submarinismo ou o remo.

O fútbol é un dos deportes rei co equipo local, o Real Club Deportivo da Coruña, como protagonista indiscutible. Pero non é o único. O hóckey sobre patíns, co Liceo á cabeza, xunto ao baloncesto co Básquet Coruña, son outros dos deportes que xeran grande afección.

E durante todo o ano dispós dun circuíto de carreiras populares de todas as distancias nas que é posible tentar superarse ou bater os tempos propios. Chega antes que ninguén a meta na C10, C21, C42 e Coruña Corre!

Axenda deportiva

  • Attica Hotels 21 OAR Coruña vs Balonmán Reconquista de Vigo

    Cando:

    23/11/2024

    Enderezo:

    Rúa Roberto Tojeiro Díaz 2. 15009 A Coruña

  • 5 CORUÑA FS vs SPORT SALA FS

    Cando:

    23/11/2024

    Enderezo:

    Polideportivo Municipal do Barrio das Flores. Rúa Petunias 6. 15008 A Coruña

  • MARISTAS CORUÑA vs CEEB TORDERA-CB BLANES

    Cando:

    23/11/2024

    Enderezo:

    CPR Cristo Rey - Maristas. Lugar San Vicente de Elviña 149. 15009 A Coruña

  • R.C. DEPORTIVO VS REAL SPORTING DE GIJÓN

    Cando:

    24/11/2024

    Enderezo:

    Estadio Municipal de Riazor. Rúa Manuel Murguía s/n. 15011 A Coruña

Busca o teu evento deportivo

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Iniciar sesión