Concello da Coruña

Concello da Coruña

Credencial

Ao longo do Camiño, a credencial é parte indispensable da experiencia. Este selo do romeiro actúa como pasaporte e sélase en cada etapa. Xa durante a Idade Media, as persoas que facían a romaxe ata Santiago selaban un documento, que servía como salvoconduto.

En territorio coruñés, se vas realizar O Camiño Inglés desde A Coruña, nas Oficinas de Turismo da Coruña facilitarémosche a credencial de forma gratuíta. Igualmente, para calquera Camiño de Santiago, poderás solicitala na Oficina de Atención ao Peregrino. Pódese selar a credencial nas Oficinas de Turismo. Outra opción é facelo fronte a Igrexa de Santiago, no corazón da Cidade Vella. Nesta localización estampábase tradicionalmente o primeiro selo da credencial do peregrino na Coruña, ao ser parada obrigatoria no Camiño Inglés.

Hoxe en día, este documento serve para acceder aos albergues e para solicitar finalmente a Compostela. Esta obtense ao final do Camiño no Centro Internacional de Acollida ao Peregrino, ou tamén nas asociacións de amigos do Camiño de Santiago que se atopan repartidas por todo o mundo.

Compostela

Para poder optar á Compostela, é necesario percorrer 100 quilómetros a pé ou de a cabalo, 200 quilómetros en bicicleta ou 100 millas náuticas navegadas máis o camiño a pé desde o Monte do Gozo. Outra condición para obtela é facer a ruta de forma continua xeograficamente, sen saltar ningunha etapa.

Outra opción, xa que o percorrido do Camiño Inglés son 73 quilómetros, é realizar parte do Camiño de Santiago no seu país ou lugar de orixe conforme, sumado ao Camiño desde A Coruña ata Santiago de Compostela, para completar o 100 km necesarios para conseguir a Compostela. Por tanto, isto será unicamente aplicable a cidadáns europeos que conten con trazados xacobeos no seu país.

Se o peregrino é residente na Coruña, á súa chegada a Santiago, deberá acreditar dalgunha forma que a súa residencia consta na localidade herculina, co Documento de Identidade sería suficiente. Ademais, o cabido recomenda visitar, devotionis causa, os espazos xacobeos mencionados a continuación (non é necesario certificalo): Igrexa de Santiago, Torre de Hércules, Porta do Parrote, Pórtico do antigo Hospital de San Andrés, Cruceiro de San Andrés, Igrexa de San Francisco de Asís, Convento de Santo Domingo, Convento de Santa Bárbara, rúa de Santiago, Igrexa de San Nicolás.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Iniciar sesión