13 de agosto de 2024
O Concello publicou hoxe toda a información correspondente ao proxecto de actualización da Ordenanza, así como o formulario para recoller as achegas e suxestións das veciñas e veciños, que estará habilitado ata o 3 de setembro
O Concello habilitou hoxe a consulta pública previa sobre o proxecto da modificación da Ordenanza reguladora dos procedementos para a intervención e control na execución das obras, implantación de instalacións e actividades ou servizos, consulta que estará aberta ás achegas e suxestións da cidadanía ata o vindeiro 3 de setembro.
Con esta iniciativa, o Goberno de Inés Rey dá o paso previo á actualización da Ordenanza municipal que rexe a concesión de licenzas, aprobada no pleno municipal no ano 2014, e que agora debe adaptar o seu contido ao estipulado na vixente lexislación urbanística.
Neste sentido, a modificación da Ordenanza ten como principais obxectivos a posta en marcha de procedementos que axilicen os trámites administrativos, incluíndo a intervención de entidades de certificación de conformidade municipal debidamente constituídas, autorizadas e rexistradas, en expedientes de actividades e obras, excluíndo dos últimos cando se trate de obras a realizar en inmobles catalogados no Plan Xeral e en todo o ámbito do Plan Especial de protección e reforma interior da Cidade Vella e a Pescaría (PEPRI).
Ademais, tamén se busca garantir unha maior seguridade xurídica para as partes implicadas na tramitación dos procedementos de intervención e control de edificación e usos do solo, así como de implantación e exercicio de actividades e servizos.
O prazo establecido para esta consulta pública é de quince días hábiles, a contar desde hoxe. O Concello xa habilitou na web de Urbanismo, Rehabilitación e Vivenda toda a información correspondente ao proxecto de modificación da Ordenanza, así como o formulario para recoller as opinións e suxerencias das veciñas e veciños da Coruña.
Desde este apartado pódese ter acceso ao texto dos convenios urbanísticos asinados polo Concello da Coruña con outras administracións públicas ou entidades particulares.
Aprobación inicial do estudo de detalle no ámbito API P25.2 delimitado no PXOM/13 vixente Falperra, A Coruña (expediente 631/2024/27)
Suspensión cautelar de licenzas de parcelación de terreos e edificación no ámbito do plan especial PE M18 "Labañou", A Coruña (Expediente 631/2024/246)
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible