Concello da Coruña

Concello da Coruña

Reordenación do espazo portuario

Ortofoto Coruña

A transformación do espazo portuario interior da Coruña transcende a este ámbito concreto e hase entender como un proxecto no cal se apoiarán en gran medida as bases da cidade futura, tanto na súa dimensión urbana e metropolitana como en canto á súa dimensión económico, social e ambiental, sen esquecerse da apertura dunha nova etapa de frutífera colaboración e cooperación interadministrativa, e coa cidadanía, co obxectivo de construír entre todos unha Coruña máis sustentable, dinámica e competitiva, cunha alta calidade de vida.

Neste sentido, a transformación dos espazos portuarios interiores da Coruña ha entender, e integrar nas súas liñas estratéxicas, a histórica relación entre o Porto e a cidade como dous elementos que se foron construíndo de forma conxunta, cos seus conflitos e as súas sinerxías, nunha contorna singular como é a baía da Coruña. Unha relación na que o Porto foi o motor tradicional de crecemento urbano e económico da cidade, que coa transformación dos espazos portuarios interiores abre unha nova etapa, de maior diversidade de usos na fronte marítima, por unha banda, e de escala metropolitana e rexional na súa actividade portuaria e loxística, nunha cidade que xa superou o seu ámbito municipal, por outra, e no que se ha xerar un amplo valor e beneficio social para a cidadanía.

Dentro da singularidade da propia contorna dos espazos portuarios interiores, e por extensión da cidade da Coruña, o proxecto da súa transformación ha ser especifico e adaptado aos seus condicionantes xeográficos, funcionais, ambientais, sociais e económicos, aínda que insiro no marco de referencia das prácticas europeas en materia de rexeneración urbana, transformación dos espazos portuarios e sustentabilidade urbana, considerando, en todo caso, os condicionantes de partida e as realidades existentes tanto no Porto como na cidade da Coruña. E isto ten que pasar por buscar un equilibrio dinámico entre a viabilidade económica do Porto e o valor social que a transformación dos espazos portuarios interiores achegará á cidade da Coruña, tanto en canto á recuperación das súas relacións co bordo marítimo como do incremento dos seus espazos públicos, dotacións e equipamentos cívicos, da mellora da súa mobilidade, e, se é o caso, da localización de espazos residenciais e de actividades produtivas, en particular aqueles vinculados á actividade portuaria, aínda que non de forma excluínte.

Zona afectada

Deste xeito, e dada a transcendencia que a transformación dos espazos portuarios interiores posúe no futuro da cidade, a formulación deste proxecto futuro ten que ir máis aló dos condicionantes e as situacións conxunturais, entre elas a dimensión e a viabilidade económica da actuación e do Porto, para preguntarse cal é o valor e o beneficio social que se achega á cidade, á súa cidadanía, e como se transmite unha imaxe positiva, en todos os ámbitos, da Coruña, abrindo, ao mesmo tempo, unha nova etapa de entendemento institucional que ha ser o motor de impulso para unha cidade máis dinámica, sustentable, inclusiva, competitiva e resiliente.

Por tanto, e en base ao exposto, este documento, aínda que o seu obxectivo é a definición dunhas liñas estratéxicas para a reordenación da zona 1 e zona 2 dos espazos portuarios interiores, comeza coa definición duns principios básicos e unhas estratexias xerais, que en última instancia buscan integrar na cidade e no seu desenvolvemento urbano futuro os ditos espazos como elementos centrais dun proxecto moito máis amplo, da cidade da Coruña para o 2050, dentro dun programa secuencial, gradual, flexible e adaptativo. Unhas estratexias xerais que aínda que buscan a integración dos espazos portuarios interiores no marco máis amplo da cidade, posúen, ao mesmo tempo, unha elevada concreción e especificidade, xa que foron xerados para cada un destes espazos e baixo un extenso coñecemento das súas características funcionais e urbanísticas.

Detalle xardíns

Por tanto, detrás de cada Estratexia Xeral, hai unha descrición da problemática, dos Obxectivos Estratéxicos, e no caso de cada espazo portuario, das accións a curto, a medio e a longo prazo. Previo ao establecemento das Estratexias Xerais, expóñense as súas características, que definen o contexto das distintas estratexias a través dos Principios Básicos. A definición das liñas estratéxicas complétase con ámbitos instrumentais: xurídicos, urbanísticos, funcionais, de sustentabilidade ambiental, económicos, de xestión e de participación pública, que intentan xustificar as decisións tomadas nas liñas estratéxicas, e que acompañarán as estratexias da zona 1 e da zona 2.

O proxecto de reordenación do espazo portuario inferior, que se apoiaría nas liñas estratéxicas que aquí se desenvolven, ha contar cunha acción previa, unha acción institucional e social, non só de difusión, senón detonante, capaz de centrar o contexto e o horizonte do proxecto, de facer visible o seu sentido e obxectivos, onde a experiencia demostra que sen liderado e acordo social, e sen unha contorna favorable de proxecto e o convencemento e compromiso colectivo de que o dito programa transformador é necesario e posible, é moi difícil avanzar. O liderado e acordo social son imprescindibles para dirixir o financiamento dispoñible e os acordos entre administracións, cara ao propio proxecto ou para comprometer os recursos específicos e necesarios.

Mande as súas opinións e propostas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión