Concello da Coruña

Concello da Coruña

Estudos de detalle

En que consiste?:

En desenvolvemento dos plans xerais, plans parciais e especiais poderán redactarse estudos de detalle para bloques ou unidades urbanas equivalentes completas cos seguintes obxectivos:

  1. Completar ou reaxustar as aliñacións e rasantes.
  2. Ordenar os volumes edificables.
  3. Concretar as condicións estéticas e de composición da edificación complementarias do planeamento.

A quen vai dirixido?:

Pódese iniciar o seu desenvolvemento pola iniciativa pública (Concello), ou particulares lexitimados para facelo (propietarios do solo que acrediten ter a representación do 50% dos dereitos correspondentes ao ámbito que se desenvolva, ou axente urbanizador autorizado pola Administración).

Canles de presentación

Presencial

Que se necesita?:

Iniciarase o expediente mediante a presentación ante o Concello dunha solicitude de tramitación, e engadindo dous exemplares do documento.

Internet

Teléfono

Máis información:

  • Contra o acordo de aprobación definitiva unicamente poderase interpoñer un recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que se contará dende a notificación do acordo ou dende a súa publicación no DOG.
  • A documentación pódese presentar ademais de na Área de Urbanismo en calquera outro rexistro municipal, así como en todos aqueles que establece o art. 38.4 da Lei 30/1992 de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Documentos relacionados

  • mod 001 solicitude xeral (65 KB)

Convenios urbanísticos

Desde este apartado pódese ter acceso ao texto dos convenios urbanísticos asinados polo Concello da Coruña con outras administracións públicas ou entidades particulares.

Convenios urbanísticos

Documentos en exposición pública

Exposición pública

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión