Concello da Coruña

Concello da Coruña

Licenza de apertura actividade clasificada

En que consiste?:

Trátase de actos administrativos de natureza regrada que habilitan a quen os solicita e obtén para a implantación da actividade que se proxecte.
No caso de que a tal fín necesítese a execución de obras no inmoble, a licenza de obras solicitarase ao mesmo tempo que a de actividade e resolveranse nun único acto administrativo. Achegarase o proxecto correspondente, se fose o caso, e sempre se achegará un cadro de superficies, con indicación de usos.
Na tramitación terá prioridade a licenza de actividade de tal modo que se non procedese a súa autorización non se entrará a resolver a de obras e así se lle comunicará ao solicitante. Xa que esta última non ten outra función que a da implantación da actividade que non sería autorizable.

Son actividades clasificadas as sinaladas no nomeclator do Regulamento de Actividades Molestas, Insalubres, Nocivas e Perigosas (RAMINP), tales como: industriais, hostalería (CÍBER incluídos), concorrencia pública (parques infantís, cinemas, teatros, etc.) talleres, garaxes ou gasolineiras, carnicerías e pescaderías, clínicas médicas, veterinarias, tendas de animais, almacenaxe de materiais perigosos, barberías con solarium, etc.

Canles de presentación

Presencial

Que se necesita?:

  • Solicitude modelo oficial.
  • Depósito previo (ordenanza fiscal municipal nº 4).
  • Memoria da Actividade.
  • Proxecto Técnico (por duplicado).
  • Acta de constitución da Sociedade e acreditación do representante.
  • Se os solicitantes constitúen unha Sociedade civil ou comunidade de bens, farase constar o nome de todos os socios ou comuneiros.
  • Alta en IAE na dirección para a cal se solicita a licenza de apertura ou modelo 036 (antes da concesión da licenza).
  • Nota simple rexistral ou escritura de propiedade do local.
  • Documento que acredite a posesión do local (contrato de arrendamento, compra-venda, ó título acreditativo de doazón, herdanza, legado ou usufructo).
  • Licenza de obras (ou en caso contrario sinalar que non se realizan en Observacións "").

    Internet

    Teléfono

    Máis información:

    A documentación pode presentarse ademais de en a área de Urbanismo en calquera outro rexistro municipal, así como en todos aqueles que establece o art. 38.4 da Lei 30/1992 de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común.

    Convenios urbanísticos

    Desde este apartado pódese ter acceso ao texto dos convenios urbanísticos asinados polo Concello da Coruña con outras administracións públicas ou entidades particulares.

    Convenios urbanísticos

    Documentos en exposición pública

    Exposición pública

    Que che parece esta sección?

    -101-101-101

    Tes un navegador demasiado antigo!

    Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

    Iniciar sesión