Concello da Coruña

Concello da Coruña

Licenza de demolición

En que consiste?:

Trátase de demoler unha edificación. Non é precisa a licenza nos casos de ruína inminente.

Respecto das obras maiores de nova planta, os seguintes documentos non son precisos presentalos na instancia:

  • A identificación rexistral da parcela.
  • A modificación da cédula catastral.
  • A acreditación de transferencia.
  • A autorización autonómica.
  • A autorización provincial.
  • A licenza de apertura.

En cambio, coa instancia deben achegarse as autorizacións das empresas concesionarias de servizos : auga, enerxía eléctrica, telefonía, gas, cable etc ... ou Non se distingue entre proxecto básico e de execución (valería o proxecto dun aparellador).

Enderezo:

Rúa Parque s/n. 15002 La Coruña

Canles de presentación

Presencial

Que se necesita?:

  • Solicitude específica, que se facilita e presenta na propia Oficina de Información e Rexistro da área de Urbanismo.
  • Abono do depósito previo da taxa (ordenanza fiscal municipal nº 3) e, unha vez concedida a licenza, abono do ICIO (4% do custo de execución material da construción, instlación ou obra) (ordenanza fiscal municipal nº 17).
  • Proxecto técnico visado.
  • Certificacións colexiais de dirección facultativa.
  • Certificados das compañías subministradoras de servizos urbanísticos: auga, electricidade, gas e teléfono.
  • Cuestionario de estatística de edificacións.

Internet

Teléfono

Máis información:

A documentación pode presentarse ademais de en a área de Urbanismo en calquera outro rexistro municipal, así como en todos aqueles que establece o art. 38.4 da Lei 30/1992 de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común.

Documentos relacionados

  • Solicitude de licenza de demolición (1 MB)

Convenios urbanísticos

Desde este apartado pódese ter acceso ao texto dos convenios urbanísticos asinados polo Concello da Coruña con outras administracións públicas ou entidades particulares.

Convenios urbanísticos

Documentos en exposición pública

Exposición pública

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión