Actualizado: 24/08/2012
Documento aprobado provisionalmente polo pleno extraordinario de 6 de agosto de 2012, que se remitiu á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia para a súa aprobación definitiva, se procede.
A anterior documentación publícase, de forma gratuíta, en cumprimento do artigo 100 da Lei 9/02 de Ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, no que se sinala que "os instrumentos de ordenación urbana, con todos os seus documentos, tanto se se atopan aprobados como durante a súa tramitación, serán públicos e calquera persoa poderá, en todo momento, consultalos, obter copias dos mesmos previo pago do prezo correspondente e solicitar información sobre os mesmos no Concello".
A publicación non supón unha nova información pública do documento, polo que non abre un novo período de presentación de alegacións.
O Tomo I de alegacións e os nomes dos alegantes do Tomo II, suprimíronse da publicación web, en cumprimento da Lei orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal.
A contestación individualizada a cada unha das alegacións presentadas durante o período de información pública do plan, será notificada tras a aprobación definitiva do documento pola Xunta, momento no que finaliza o procedemento administrativo (artigo 58, da Lei 30/92, de 26 de novembro, sobre Réxime Xurídico das Administracións Públicas e Procedemento administrativo común), producindo o efecto de permitir a presentación de recurso contencioso-administrativo contra a mencionada aprobación no caso de desconformidade coa mesma (artigo 85, apartado 11, da Lei 9/02, de 30 de decembro, de Ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia).
Inicio
Desde este apartado pódese ter acceso ao texto dos convenios urbanísticos asinados polo Concello da Coruña con outras administracións públicas ou entidades particulares.
Aprobación inicial do estudo de detalle no ámbito API P25.2 delimitado no PXOM/13 vixente Falperra, A Coruña (expediente 631/2024/27)
Suspensión cautelar de licenzas de parcelación de terreos e edificación no ámbito do plan especial PE M18 "Labañou", A Coruña (Expediente 631/2024/246)
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible