Realización de informes, emisión de cédulas e certificados urbanísticos:
Realízanse informes de parcelas incluídas no termo municipal da Coruña a petición dos interesados particulares ou de administracións públicas que o necesitan. Os informes confecciónanse dándolle a forma da cédula urbanística sinalada na Lei do solo de Galicia, se así o especifica o solicitante. No caso de que sexa necesario, estes informes serven de base para a emisión de certificados urbanísticos, subscritos polo secretario do concello.
Emisión de informes de distancias:
Este tipo de informe realízase por petición de interesados, coa finalidade de xustificar unha determinada distancia de percorrido entre dous puntos situados dentro do termo municipal da Coruña. A medición realízase sobre a cartografía oficial do concello e sobre un teórico percorrido a pé, sobre a liña máis recta posible.
Informes de planeamento:
Durante a tramitación dos instrumentos de planeamento de iniciativa privada, o persoal técnico do departamento informa os documentos presentados polos promotores dunha determinada actuación e comproba a súa adecuada inserción na estratexia de desenvolvemento do Plan xeral, así como o cumprimento da lexislación vixente de aplicación, segundo o caso.
Redacción de instrumentos de planeamento:
En desenvolvemento das determinacións previstas no Plan xeral vixente, os servizos técnicos e xurídicos do departamento redactan as figuras de planeamento de iniciativa pública necesarias para a súa execución. A iniciativa pode partir de: obxectivos sinalados polo propio Plan xeral; necesidades detectadas por outros departamentos municipais, ou o propio departamento de planeamento; solicitudes realizadas por outras administracións públicas; e, por último, solicitudes de particulares ou asociacións de veciños.
Atención ao público:
Os luns, mércores e venres, en horario laboral das 12.00 ás 14.00 h, o persoal técnico do departamento atende consultas do público sobre o planeamento vixente ou en tramitación (períodos de información pública dos instrumentos). Para a realización de consultas cun/cunha técnico/a é necesaria a petición previa de cita por algún dos procedementos indicados na web municipal.
Consulta de documentos de planeamento:
Os instrumentos de planeamento son documentos públicos que son accesibles ao público en todo momento. Na oficina de información ao público existe un exemplar de todos os instrumentos de planeamento aprobados definitivamente para a súa consulta polos interesados. Do mesmo xeito, dos instrumentos que están en tramitación, existe un exemplar a disposición dos interesados durante o período de información ao público establecido pola lei.
Desde este apartado pódese ter acceso ao texto dos convenios urbanísticos asinados polo Concello da Coruña con outras administracións públicas ou entidades particulares.
Aprobación inicial do estudo de detalle no ámbito API P25.2 delimitado no PXOM/13 vixente Falperra, A Coruña (expediente 631/2024/27)
Suspensión cautelar de licenzas de parcelación de terreos e edificación no ámbito do plan especial PE M18 "Labañou", A Coruña (Expediente 631/2024/246)
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible