SALA DE EXPOSICIÓNS:
Luns a domingo de 12:00 h. a 14:00 h. e de 18:00 h. a 21:00 h.
Prezo: entrada gratuíta.
O Palacio Municipal é un edificio modernista construído entre os anos 1908 e 1912, ocupando o fronte norte da Praza de María Pita . Foi inaugurado polo Rey Alfonso XIII no ano 1927. Nel atópanse diversas dependencias administrativas do Concello.
O proxecto inicial deste edificio de sillería galega foi iniciado por Pedro Mariño, cunha superficie en planta de 2.300 metros cadrados. Ten 3 plantas e ático. A súa fachada levantouse ao longo dunha fronte de 64 metros, ten 43 xanelas abertas ao exterior e no seu corpo interior ábrense 15 arcadas que serven a uns amplos soportais.
Na súa primeira planta, atópase a zona nobre, que conta con varios salóns, o Vermello, o Azul e o Dourado, este último, con relevos na fronte dos asentos, que relatan os feitos históricos máis importantes da cidade. Tamén na primeira planta atópase o Museo dos Reloxos e a Galería dos Alcaldes, un corredor onde cada un dos alcaldes da cidade ten o seu retrato, cada un dun autor e un estilo diferentes, moitos pousaron de traxe, algúns de frac e outros como Liaño Flores, coa toga de avogado.
Destaca o despacho da Alcaldía, e na mesma planta, as salas de reunión de concelleiras, con magníficas pinturas de artistas galegos. Tamén cabe destacar a escalinata de honra que comunica a Alcaldía co Salón de Plenos, esta foi inaugurada no ano 1955 por Francisco Franco e a súa esposa, Carmen Polo.
A segunda planta alberga oficinas e despachos e no ático, é onde antigamente estaba situada a vivenda do conserxe.
Na fachada hai talladas catro estatuas de pedra branca que representan as catro provincias galegas A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra. Na parte superior pódese ver o escudo da cidade flanqueado por dúas matronas que para uns significa Paz e Industria e para outros Traballo e Sabedoría, ademais dunha lenda coa seguinte inscrición: "moi nobre e moi leal cidade da Coruña, cabeza, garda e chave, forza e antemural do Reino de Galicia".
Na Torre máis alta albérgase o reloxo e as campás feitas dunha aliaxe de bronce e estaño; pesan máis de 1.600 quilos.
Actividades relacionadas
Multimedia
Desde este apartado pódese ter acceso ao texto dos convenios urbanísticos asinados polo Concello da Coruña con outras administracións públicas ou entidades particulares.
Aprobación inicial do estudo de detalle de cubrición de pista exterior do IES Salvador de Madariaga, A Coruña (expediente 631/2022/280).
Aprobación inicial do estudo de detalle nas parcelas Z4-R1L, Z4-R5P, Z4-R11A e Z4-R11LB do ámbito SURT1 San Pedro de Visma, A Coruña (expediente 631/2023/237).
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible