Concello da Coruña

Concello da Coruña

MPG_01_24 Suspensión cautelar Labañou

Suspensión cautelar de licenzas de parcelación de terreos e edificación no ámbito do plan especial PE M18 "Labañou", A Coruña (Expediente 631/2024/246)

Data:

11 de decembro de 2024

Fecha de publicación:

17 de outubro de 2024

ANUNCIO

O Pleno do Concello, na sesión celebrada o 11.12.2024, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

"PRIMEIRO.- Aprobar a proposta de suspensión cautelar de tramitación de instrumentos de plan e otorgamiento de licenzas de parcelación de terreos e edificación no ámbito do plan especial PE M18 "Labañou", delimitado no plan xeral de ordenación municipal da Coruña, polo prazo máximo dun (1) ano, coa finalidade de estudar a súa modificación, de conformidade co disposto no artigo 41 da Lei 2/2016, de 10 de febreiro, do chan de Galicia (LSG/16), e no artigo 86 do seu Regulamento de desenvolvemento.

A suspensión non afectará as obras ou actividades sinaladas no art. 86.3 do Decreto 143/2016, de 22 de setembro, polo que foi aprobado o regulamento da Lei do chan de Galicia (RLSG/16), para os casos no que resulte de aplicación, nin aos usos e obras provisionais previstos no artigo 89 da LSG/16 (art. 204 do RLSG/16).

Esta suspensión extinguirase polo transcurso do prazo indicado, ou pola aprobación inicial da modificación puntual, nese caso entraría en vigor a suspensión prevista no artigo 47.2 da LSG/16.

SEGUNDO.- Publicar o acordo de suspensión no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior difusión da provincia, así como na sede electrónica do Concello.

TERCEIRO.- Notificar este acordo aos Servizos e Departamentos #municipal implicados na execución do plan."

Contra este acordo cabe interpoñer, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, recurso potestativo de reposición ante o órgano que o ditou, no prazo máximo dun mes, ou ben, recurso contencioso-administrativo ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de interpoñer calquera outro recurso que se entenda procedente e sexa conforme a dereito.

O plano e o resumo executivo pódense descargar da web de Urbanismo www.coruna.gal/urbanismo, no apartado de Exposición "Pública" ou do visor do PXOM 2013 no apartado "Desenvolvo do Plan".

O que se publica para xeral coñecemento.

A Coruña, 17 de decembro de 2024

O concelleiro delegado responsable da área de Urbanismo, Rehabilitación e Vivenda

Convenios urbanísticos

Desde este apartado pódese ter acceso ao texto dos convenios urbanísticos asinados polo Concello da Coruña con outras administracións públicas ou entidades particulares.

Convenios urbanísticos

Documentos en exposición pública

Exposición pública

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión