Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cambio de sistema de actuación

En que consiste?:

Os polígonos desenvolveranse polo sistema de actuación que a Administración determine en cada caso.

Os sistemas de actuación clasifícanse en directos e indirectos; cando se fixase un sistema de xestión indirecta e non se executase conforme aos prazos ou plans de etapas establecidos, ou transcorrese máis dun ano desde a aprobación definitiva do planeamento urbanístico detallado sen que se iniciase o proceso de desenvolvemento e execución, o municipio poderá substituír o sistema de execución por un de xestión directa.

O cambio de sistema non se materializará se as persoas afectadas ofrecen no trámite de información pública garantías bastantes dos gastos de urbanización pendentes e as formalizan no prazo que acorde o municipio.

Canles de presentación

Presencial

Que se necesita?:

A documentación precisa para iniciar un procedemento de cambio de sistema de actuación é a seguinte:

  • Memoria xustificativa da necesidade de cambiar o sistema de actuación.
  • Planos parcelarios do ámbito de actuación.
  • Certificacións catastrais descritivas e gráficas de todos os predios afectados.
  • Relación de persoas propietarias, con correspondencia entre o número de parcela e a identificación catastral.
  • Ficha do polígono do plan xeral.
  • Ficha do polígono modificada, de conformidade co cambio de sistema de actuación realizado.

Internet

Teléfono

Máis información:

A documentación pódese presentar ademais de na Área de Urbanismo en calquera outro rexistro municipal, así como en todos aqueles que establece o art. 38.4 da Lei 30/1992 de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Documentos relacionados

  • mod 001 solicitude xeral (65 KB)

Convenios urbanísticos

Desde este apartado pódese ter acceso ao texto dos convenios urbanísticos asinados polo Concello da Coruña con outras administracións públicas ou entidades particulares.

Convenios urbanísticos

Documentos en exposición pública

Exposición pública

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión