Concello da Coruña

Concello da Coruña

Plans especiais

En que consiste?:

En desenvolvemento das previsións contidas nos plans xerais de ordenación municipal, poderán formularse e aprobarse plans especiais coa finalidade de protexer ámbitos singulares, levar a cabo operacións de reforma interior, coordinar a execución de dotacións urbanísticas, protexer, rehabilitar e mellorar o medio rural ou outras finalidades que se determinen regulamentariamente.
Os plans especiais de protección teñen por obxecto preservar o medio ambiente, as augas continentais, o litoral costeiro, os espazos naturais, as áreas forestais, os espazos produtivos, as vías de comunicación, as paisaxes de interese, o patrimonio cultural e outros valores de interese.
Os plans especiais de reforma interior teñen por obxecto a execución de operacións de reforma en solo urbano non consolidado previstas no plan xeral para o desconxestionamento desta clase de solo, a mellora das condicións de habitabilidade, a creación de dotacións urbanísticas, o saneamento de barrios insalubres, a resolución de problemas de circulación, a mellora do ambiente ou dos servizos públicos, a rehabilitación de zonas urbanas degradadas ou outros fins análogos.
Os plans especiais de infraestruturas e dotacións teñen por obxecto o establecemento e a ordenación das infraestruturas básicas relativas ao sistema de comunicacións, transportes, espazos libres públicos, equipamento comunitario, e das instalacións destinadas aos servizos públicos e subministracións de enerxía e abastecemento, evacuación e depuración de augas.
Estes plans especiais terán por finalidade a protección, rehabilitación e mellora dos elementos máis característicos da arquitectura rural, das formas de edificación tradicionais, dos conxuntos significativos configurados por elas e dos núcleos rurais.

Canles de presentación

Presencial

Que se necesita?:

Tras a entrada en vigor da Lei 6/2007, de 11 de maio, de medidas urxentes en materia de ordenación do territorio e do litoral de Galicia, é obrigatorio, nos casos sinalados no art. 5 da devandita lei, realizar a avaliación ambiental estratéxica dos instrumentos de plan.
Iniciarase o expediente mediante a presentación ante o Concello dunha solicitude de tramitación, acompañada de dous exemplares do documento de inicio que será remitido polo Concello á Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, coa finalidade de que, no prazo máximo de tres meses, emitan o denominado documento de referencia, que servirá de guía para a redacción do informe de sustentabilidade ambiental que acompañará o documento do plan especial.

Internet

Teléfono

Máis información:

  • Contra o acordo de aprobación definitiva unicamente poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que se contarán dende a notificación do acordo ou dende a súa publicación no DOG.
  • A documentación pódese presentar ademais de na Área de Urbanismo en calquera outro rexistro municipal, así como en todos aqueles que establece o art. 38.4 da Lei 30/1992 de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Documentos relacionados

  • mod 001 solicitude xeral (65 KB)

Convenios urbanísticos

Desde este apartado pódese ter acceso ao texto dos convenios urbanísticos asinados polo Concello da Coruña con outras administracións públicas ou entidades particulares.

Convenios urbanísticos

Documentos en exposición pública

Exposición pública

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión