Celebración do 54 Aniversario do Museo Arqueolóxico
Familias, Para público en xeral
08/10/2022
Xa rematou
Apertura de prazo de inscrición: mércores 28 de setembro ás 10.00 h.
segundo actividade
Castelo de San Antón. Paseo Alcalde Francisco Vázquez 2, Bloque A. 15001 A Coruña
Actividades gratuítas con previa inscrición por orde de chamada ata completar capacidade, no teléfono do Museo: 981 189 850 (de martes a sábado de 10.00 a 19.30 h)
Museo Arqueolóxico e Histórico Castelo de San Antón, A Coruña
981 189 850
museo.arqueoloxico@coruna.gal
Xornada de portas abertas: Sábado 8 de outubro de 10.00 a 00.00 h.
1. Visitas guiadas:
Percorrido guiado polo Castelo de San Antón e as distintas seccións do Museo Arqueolóxico e Histórico, para coñecer o seu contido e a súa historia.
Hora: 12, 18 e 22 h.
Duración aprox.: 1,25 h.
Público: adulto
Prazas: 25
2. Obradoiros infantís:
2.1. Descubrindo o Museo
Abrimos as portas de San Antón para descubrir a importancia dos museos e as súas coleccións. Aproveitaremos para entrar en espazos descoñecidos e falar dos e das profesións que traballan neles. Teremos tempo, tamén, de descubrir de onde veñen os obxectos que forman parte das coleccións. Para terminar, traballaremos como auténticas/os especialistas no noso gabinete científico.
Hora: 12 h.
Duración aprox.: 1,5 h.
Público: de 6 a 12 anos
Prazas: 20
2.2. HeraldicART
Que é un escudo? Desde cando existen? Que representan? Estas e máis preguntas obterán resposta nesta actividade didáctica na que coñeceremos en detalle o escudo da Coruña e as súas lendas. Tamén poñeremos atención ás formas máis orixinais de representación dos nobres e, como non, teremos tempo de elaborar e crear o noso propio escudo.
Hora: 17 h.
Duración aprox.: 1,5 h.
Público: de 6 a 12 anos
Prazas: 20
3. Obradoiro para adultos:
Gabinete de Curiosidades: Viaxaremos ás orixes do concepto "museo" e coñeceremos os gabinetes de curiosidades, eses marabillosos espazos onde confluían pezas de moi distinta orixe, disciplina ou material. O obxectivo é ofrecer unha experiencia emocional e estimular aos e ás asistentes para utilizar as súas propias capacidades creativas, elaborando unha peza de gabinete, partindo da colección do Museo Arqueolóxico. Para iso utilizaremos imaxes de diferentes pezas impresas en acetato, rotuladores, témperas, cartolinas etc. para "customizalas" e crear pezas únicas.
Hora: 19 h.
Duración aprox.: 2 h.
Público: adulto
Prazas: 15
Dende o 13/08/2024 ata o 14/08/2024
Dende o 06/08/2024 ata o 13/08/2024
Inscrición en liña
16/08/2024
Dende o 09/08/2024 ata o 15/08/2024
Inscrición en liña
Dende o 26/06/2024 ata o 24/08/2024
Dende o 07/09/2024 ás 11:00 ata o 28/09/2024 ás 13:00 , os sábados
Realizarase os sábados 7, 14, 21 e 28 de setembro.
Dende o 31/08/2024 ata o 07/09/2024
Require inscrición.
Dende o 05/10/2024 ás 11:00 ata o 26/10/2024 ás 13:00 , os sábados
Realizarase os sábados 5, 19 e 26 de outubro.
Dende o 28/09/2024 ata o 05/10/2024
Require inscrición.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible