Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Obradoiros de verán 2024

MUSEO ARQUEOLÓXICO CASTELO DE SAN ANTÓN E CASTRO DE ELVIÑA

A quen vai dirixido?:

Público: 6-12 anos

Recomendacións: roupa e calzado cómodo, gorra, botella de auga e protección solar (as actividades serán ao aire libre)

A quen vai dirixido:

Infancia

Cando:

Dende o 26/06/2024 ata o 24/08/2024

Horario:

Horario: actividades no Museo Arqueolóxico ás 12.00 h

Actividades no Castro de Elviña ás 11.30 h.

Inscrición previa por orde de chamada no 981 189 850 (martes a sábado das 10.00 ás 20.00 h)

Apertura do prazo de inscrición: mércores 26 de xuño ás 10.00 h.

Duración:

Duración: 1,5 h

Organiza:

Museo Arqueolóxico e Histórico Castelo de San Antón, A Coruña

Contacto:

981 189 850

museo.arqueoloxico@coruna.gal

1. ACTIVIDADES NO MUSEO (12.00 h)

1.1. Sábado 6 de xullo: PENSAR COAS MANS. OLERÍA CASTREXA

A cerámica é un dos grandes avances da Prehistoria. Achegarémonos ás súas orixes para descubrir os diferentes usos e tamén a evolución das técnicas para a súa produción. Xa por último, observaremos os restos conservados na exposición do museo para falar da decoración e das formas e utilizalas como referencia para crear, despois, o noso pote castrexo.

1.2. Sábado 13 de xullo: LABORATORIO ARQUEOLÓXICO

Entraremos na sala de investigación do Castelo de San Antón para coñecer o rico patrimonio cultural que alberga o museo. Mediante a manipulación de réplicas arqueolóxicas conseguiremos achegarnos ao minucioso e interesante traballo que levan a cabo as e os profesionais que se encargan de protexer e conservar o patrimonio arqueolóxico.

1.3. Sábado 20 de xullo: LENDAS DO MAR

Mergullarémonos no mundo das lendas para descubrir a que monstros mariños se tiñan que enfrontar os mariñeiros no pasado. Serán monstros? Que observaban realmente no mar? Descubriremos diferentes aspectos relacionados coa navegación e terminaremos iluminando unha imaxe medieval como auténticos iluminadores da época.

1.4. Sábado 3 de agosto: NUMISLAB

Durante o transcurso da actividade as e os participantes achegaranse ao mundo das moedas para descubrir as súas orixes e as técnicas de fabricación durante a antiga Roma. Falaremos tamén do intercambio de produtos e da evolución no tamaño e no peso das moedas. Para rematar, deberán poñer en marcha a súa creatividade para deseñar a súa propia moeda, como se de auténticos emperadores romanos se tratase.

1.5. Sábado 10 de agosto: ARTISTAS ORFEBRES

A actividade permitirá coñecer o gusto polo adorno corporal desde a Prehistoria. Centrarémonos na colección presente no Museo de San Antón para descubrir non só as xoias máis comúns, senón tamén os materiais máis utilizados. Para terminar, realizaremos a nosa propia xoia do pasado.

1.6. Sábado 17 de agosto: QUEBRACABEZAS NO MUSEO

Actividade dinámica para descubrir as pezas e os lugares máis simbólicos que esconde o Castelo de San Antón. A través de xogos clásicos grupais conseguiremos atopar os tesouros do pasado e descubrir a súa historia. Quen os fixo? Para que se utilizaban? De que material son? Estas e máis preguntan serán resoltas ao longo dunha divertida ruta polo museo.

1.7. Sábado 31 de agosto: ILUMINANDO BRIGANTIUM

A actividade permitirá coñecer as orixes do lume e a evolución das técnicas para a súa produción. Un percorrido polo pasado para descubrir tamén as lucernas romanas e a multitude de decoracións que teñen. Para finalizar, experimentarán con moldes e arxila para poder fabricar a súa propia lámpada da antiga Roma.

2. ACTIVIDADES NO CASTRO DE ELVIÑA (11.30 h)

2.1. Sábado 27 de xullo - TESOURO PERDIDO (actividade familiar)

O castro de Elviña será o noso campo de investigación nesta actividade familiar, na que descubriremos, mediante un xogo de pistas, os lugares secretos do xacemento e dar caza ao Tesouro de Elviña. A través de réplicas arqueolóxicas achegarémonos á vida na Idade de Ferro que lle permitirán ao grupo participante poñerse na pel do pobo ártabro.

2.2. Sábado 24 de agosto - ARQUEOLOXÍA EN ACCIÓN

A través dunha escavación simulada a cativada poderá achegarse ao traballo dos arqueólogos e arqueólogas. Serán quen de descubrir obxectos vinculados co xacemento de Elviña para coñecer deste xeito as formas de vida das persoas que habitaron o castro. Ademais, faremos un pequeno percorrido polo xacemento para descubrir as estruturas que foron quedando á vista tras as diferentes campañas de escavación.

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión