Con motivo do Día da Biblioteca e para promover a lectura en lingua galega e o préstamo de material audiovisual, o Servizo de Normalización Lingüística, en colaboración coas Bibliotecas Municipais do Concello da Coruña, organiza o AgoraSón 2023, con Boyanka Kostova en concerto.
Para público en general
14/10/2023
Ya ha finalizado
Dende o venres 6 de outubro, entregaranse un máximo de dúas invitacións por carné de socia/o das Bibliotecas Municipais da Coruña (até esgotárense) ao coller libros ou outro material en galego para os levar en préstamo. Comproba o horario de apertura da túa biblioteca municipal de referencia.
De sobraren invitacións, estarán ao dispor do público o mesmo día do concerto (14 de outubro) a partir das 20.00 h na Conserxería do Centro Ágora.
21.00 horas
90 min aprox.
Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
De balde con invitación
Teléfono: 981 189 888
Correo: lingua@coruna.gal
Esta edición do AgoraSón terá como protagonistas a Cibrán García e Chicho do Funk -Ortiga-, que conforman o dúo Boyanka Kostova, pioneiro do trap e o hip hop en galego.
O Servizo de Normalización Lingüística, o sábado 14 de outubro ás 21.00 horas, volve organizar o concerto do AgoraSón outono (co gallo do Día da Biblioteca e para promover a lectura e o emprego de materiais audiovisuais en lingua galega), en colaboración coas Bibliotecas Municipais da Coruña.
Boyanka Kostova toma o nome dunha atleta búlgara que practica halterofilia, un bo exemplo de que a variedade de influencias do dúo santiagués non ten límites. Meten na cocteleira a retranca galega, o folclore rexional e os ritmos tradicionais; engádenlles sons urbanos, contemporáneos e electrónicos, efectos, caixa de ritmos... e o resultado é puro flow rural. Trap de aldea, pero universal. Unha verbena exótica na que os temas se alzan como himnos. Capaces de reinventalo todo, a súa música nace como resposta á súa necesidade de explorar e non repetirse; combinando ideas que se retroalimentan entre si, divírtense xogando cos sons e as rimas e escapan de todos os tópicos. Entre os seus traballos máis coñecidos están o EP Vella Canción Galega e os álbums Nova Canción Galega e Os dous de sempre, entre os que aparecen algúns dos seus temas de máis sona, como "Colacao", "Diego Tristán" ou "Muinheira de interior". Este ano sacaron o seu quinto álbum.
O evento terá lugar no auditorio do Centro sociocultural Ágora o día 14 de outubro ás 21.00 horas.
A asistencia será de balde, mais precisará a recollida previa de invitación nas Bibliotecas Municipais.
Repartimento de invitacións
Repatiranse as invitacións, ata esgotárense, co préstamo de material en lingua galega (libros, películas, CDs de música etc.) dende o venres 6 de outubro nas bibliotecas municipais no horario de apertura de cada centro.
Faranse dúas quendas de reparto: en horario de mañá e horario de tarde.
Repartiranse dúas invitacións por carné e son sen numerar.
Desde el 21/06/2024 hasta el 29/07/2024
Desde el 13/09/2024 hasta el 14/09/2024
Desde el 27/09/2024 hasta el 28/09/2024
Desde el 03/10/2024 hasta el 04/10/2024
Desde el 05/10/2024 hasta el 06/10/2024
Desde el 11/10/2024 hasta el 12/10/2024
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible