Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Charla: A cidade vertical. A arquitectura coruñesa na recuperación da modernidade.

Actividade enmarcada dentro do Ciclo Temático Constuíndo Soños

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

21/10/2024

Inscricións:

Acceso libre até completar a capacidade

Horario:

Das 19.00 ás 20.00 h

Enderezo:

Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Contacto:

Correo electrónico: bforum@coruna.gal

Tel.: 981 184 298

Charla: A cidade vertical. A arquitectura coruñesa na recuperación da modernidade.

Antonio S. Río Vázquez (UDC)

  • Luns 21 de outubro ás 19.00 h
  • Acceso libre até completar a capacidade

A recuperación da modernidade que se produciu na historia da arquitectura, entre as décadas dos cincuenta e os setenta do século XX, trouxo consigo cambios notables na configuración das cidades. A Coruña non foi allea a este feito, incorporando o desenvolvemento de novos ámbitos que seguen as formulacións tipolóxicas e urbanísticas da modernidade, adoptándoas dun modo crítico e reflexivo polos/as profesionais da arquitectura tanto locais como foráneos/as que coinciden nese momento histórico. Como aspecto diferencial, destaca a proliferación da construción en altura, con varias torres que se sitúan no tecido consolidado e que converten A Coruña nun caso singular de cidade vertical.

Tamén che pode interesar

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión