Conferencia enmarcada no Programa Filosofía nas Bibliotecas, organizado pola Fundación Euseino?
+ 16 anos
Persoas adultas, Xuvenil
19/10/2016
Xa rematou
De 19 a 20:00 horas
Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
981184298
Propiedade e débeda son dous conceptos afianzados no imaxinario colectivo que median dunha maneira determinante nas nosas relacións co que nos rodea. É tal o poder que lles outorgamos para facermos intelixible o mundo que dificilmente se abren fendas que poñan en cuestión a súa hexemonía. Atendendo ás tentativas filosóficas que veñen explorando esas fendas, trataremos de visibilizar outros xeitos de relacionármonos que sobreviven ás lóxicas dominantes. O común é o termo co que saen á luz esas experiencias, vellas e novas, e a través do cal se pretende, desde diferentes eidos da sociedade, ir construíndo unha alternativa vital.
Lucía Castro (A Coruña, 1980) é licenciada en Filosofía pola Universidade de Santiago de Compostela e Diploma de Estudos Avanzados en 2006 polo Departamento de Filosofía da Universidade Autónoma de Madrid, sendo investigadora de posgrao nesta universidade e participando en varios grupos de investigación, entre eles, Filosofía do Imperio e Filosofía Xeopolítica da Historia. Entre as súas publicacións cómpre citar artigos coma "El pensar como potencia en Martin Heidegger" (2007), "Lógos y téchne. El lenguaje en la pro-ducción" (2009) e "É nosa a terra? Polo acontecemento da non-propiedade" (2012), ademais de diversas traducións do alemán publicadas nas obras Filosofía del Imperio (2011) e Teología y teonomía de la política (2012). Tras unha estadía de investigación na Albert-Ludwigs Universität de Freiburg (Alemaña), volve á Coruña en 2011, colaborando en diferentes proxectos sociais da cidade e participando nas actividades culturais promovidas pola asociación Proxecto Derriba, da que forma parte.
21/10/2024
Acceso libre até completar a capacidade
28/10/2024
Acceso libre até completar a capacidade
04/11/2024
Acceso libre ata completar capacidade
18/11/2024
Acceso libre até completar capacidade
Dende o 12/08/2024 ata o 08/01/2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible