No 2022 celébrase o centenario do nacemento de María Casares. Unha efeméride idónea para saldar unha débeda coa memoria da cidade e coa propia familia Casares. Unha oportunidade singular para achegar ao público a gran figura dunha das intérpretes de máis sona do século XX.
Para público en xeral
Os días 21/09/2022 á 01:00 , 19/10/2022, 22/11/2022 ás 00:01
Xa rematou
Coa vontade de renderlle homenaxe e recuperar a súa memoria, desde a Xunta de Galicia propoñemos a celebración de María Casares: do exilio ao escenario, unha programación cultural vinculada ao universo creativo e interpretativo da actriz máis relevante da historia da cidade. Unha cartografía non só dos lugares, senón da memoria, nos que a autora de Residente privilexiada habitou, traballou e exhibiu o seu talento.
O Museo de Belas Artes da Coruña será o escenario que acolla, entre os meses de febreiro e novembro de 2022, un ciclo de conferencias e encontros abertos ao público con personalidades relevantes do mundo das artes e da cultura que coñeceron, desde a proximidade, o traballo de María Casares. Figuras de primeiro nivel ofrecerán o seu testemuño, a súa experiencia e memoria para situar a María Casares no lugar que sempre lle correspondeu no imaxinario colectivo. Lonxe do exilio. Na súa terra.
O próximo 2022 celebramos o centenario de María Casares, Vitoliña, Bitola. O ano da moza que, cen anos despois, regresará á súa cidade. Na que o seu nome xamais volverá ser arrebatado da nosa historia e do pretendido esquecemento.
21/10/2024
Acceso libre até completar a capacidade
28/10/2024
Acceso libre até completar a capacidade
04/11/2024
Acceso libre ata completar capacidade
18/11/2024
Acceso libre até completar capacidade
Dende o 12/08/2024 ata o 08/01/2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible