Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Grease. O musical

Grease. O musical. Edición especial 50 aniversario

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 07/03/2024 ata o 10/03/2024

Xa rematou

Horario:

  • xoves 7 de marzo de 2024: 20.30 h
  • venres 8 de marzo de 2024: 17.00 e 21.00 h
  • sábado 9 de marzo de 2024: 17.00 e 21.00 h
  • domingo 10 de marzo de 2024: 17.00 e 20.30 h

Enderezo:

Teatro Colón. Avda. de la Marina 7 A. 15003 A Coruña

Prezo:

Platea: 55,00 €

Palco: 49,00 €

Principal: 40,00 €

Televenda:

Ataquilla.com

Requisitos:

NORMAS DE ACCESO AO RECINTO

• Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o espectáculo deben facelo con entrada, independentemente da idade que teñan ou de ocupar ou non butaca.

• Non se admiten cambios nin devolucións das entradas.

• Non está permitido entrar ao recinto no que terá lugar o espectáculo con comida nin bebida, excepto auga.

• Están reservados todos os dereitos de imaxe e propiedade intelectual dos espectáculos programados. Non se permite sacar fotos nin gravar antes, durante, nin ao finalizar o espectáculo, sen a autorización da organización.

• Unha vez que comece o espectáculo non se permitirá acceder á sala.

RECOMÉNDASE:

Actuar con responsabilidade.

Páxina web:

http://www.teatrocolon.es/es/

Organiza:

SOM 2011 SL

Contacto:

teatrocolon@coruna.gal

Danny Zuko e Sandy Olsson son dous mozos que teñen un romance nas súas vacacións. Ao remate do verán, vense obrigados a separarse. Ao seu regreso ao instituto Rydell, Danny reúnese coa súa banda, os T-birds, de chaquetas de coiro e pelo engomado. Inesperadamente, os pais de Sandy deciden mudarse e a moza ingresa no mesmo colexio.

Pasada a sorpresa do reencontro e co obxectivo de quedar ben diante dos seus compañeiros, Danny adopta unha actitude arrogante que deixa a moza totalmente desamparada. Sandy únese entón ás Pink Ladies, a contraparte feminina dos T-Birds. A partir de entón teñen lugar historias e desencontros entre os dous namorados e as súas amizades, todo iso marcado polos acontecementos das súas vidas estudantís: o comezo da tempada de fútbol, o baile de promoción, carreiras de coches, noites de mozas, de mozos, saídas ao "fast-food", ao autocine...

A música e o baile son compoñentes fundamentais en Grease, e sen dúbida teñen moito que ver co que se converteu no 'musical feeling good' por excelencia. Unha banda sonora con éxitos internacionais e acrobáticas coreografías son arroupadas por unha súper produción que non deixará indiferente a ninguén, coa que Grease conmemora este ano o seu 50 aniversario.

VENDA DE ENTRADAS

  • Despacho de billetes da praza de Ourense (excepto festivos): de luns a venres das 11.00 ás 15.00 h e das 16.30 ás 19.30 h
  • Despacho de billetes do Teatro Colón: dende dúas horas antes do comezo do espectáculo (sempre que queden entradas dispoñibles)
  • www.ataquilla.com

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión