As poéticas do palestino Najwan Darwish e as do mozo vilagarcián Antón Blanco Casás achegarannos a súa nova poética.
Para público en xeral
28/05/2018
Xa rematou
20.30 h
Centro Sociocultural Ágora. Lugar da Gramela 17. 15010 A Coruña
Gratuíta
O poeta palestino Najwan Darwish naceu en 1978 na cidade ocupada de Xerusalén, onde segue residindo e traballando. Dende que publicou o seu primeiro poemario, no ano 2000, vén sendo considerado un dos poetas máis destacados da súa xeración no Mundo Árabe. De feito, mesmo foi seleccionado coma un dos 39 mellores escritores árabes menores de corenta anos polo Hay Festival, na súa edición de Beirut 39. A súa poesía traduciuse xa a máis de vinte linguas, incluídos os libros en español: Nada más que perder (2016), Durmiendo en Gaza (2017) e No eres poeta en Granada (2018).
Ademais da intensa dedicación á poesía, Darwish ten participado na creación dunha chea de iniciativas relacionadas coa arte e cultura palestinas e árabes, co obxectivo de tender pontes entre esta e o mundo. Alén diso, é asesor literario do Festival de Literatura de Palestina (PalFest).
En 2014 fundou a sección de cultura do diario árabe Al-Araby Al-Jadeed, con sede en Londres, da que continúa hoxe a ser redactor xefe.
Antón Blanco Casás naceu en Vilagarcía de Arousa en 1996. Alí viviu até matricularse na Universidade de Santiago de Compostela, onde hoxe reside mentres estuda Filoloxía Galega. Educouse no musical até poder interpretar varios instrumentos. Coa batería fixo parte de varios grupos dende a adolescencia e, na actualidade, mantén o proxecto Canine xunto con Afonso Traficante -co que vén de publicar na rede o EP [hélice]-, ao tempo que toca na banda de pop Atrás Tigre a carón das poetas Xiana Arias e Olalla Cociña. Gañou o veterano certame literario Minerva na súa XLII edición, entre outros premios para o xénero poético. Publicou textos nas revistas Dorna e Grial así como en diversos fanzines. Ademais, aparece nas referenciais antoloxías No seu despregar (2016) e 13. Antoloxía da poesía galega próxima (2017). En 2016 publica A oseira, o seu primeiro poemario, ao que se sumou hai poucos meses Tres estudos para un poema da cidade. Hoxe forma parte do proxecto Chanzo de poesía en acción, vencellado á editorial na que debutara o que é un dos nomes máis salientables da última poesía galega.
21/10/2024
Acceso libre até completar a capacidade
28/10/2024
Acceso libre até completar a capacidade
04/11/2024
Acceso libre ata completar capacidade
18/11/2024
Acceso libre até completar capacidade
Dende o 12/08/2024 ata o 08/01/2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible