9 de abril de 2024
O Galicia Fórum Gastronómico péchase este mércores tras tres xornadas que posicionan á Coruña como referente culinario
A Coruña despediuse este martes do Galicia Fórum Gastronómico coa entrega dos Premios Picadillo 2024, uns distintivos que recoñecen a traxectoria de profesionais de diversas disciplinas e oficios e o seu labor a favor da gastronomía galega. A concelleira de Turismo, Comercio e Hostalería, Diana Cabanas, foi a encargada da entrega destes recoñecementos.
Nesta ocasión, as distincións recaeron en Ana Gago de Casa Pardo (A Coruña), na categoría Cociña; Clara Luís Domínguez "Clarita" do Hostal de la Viuda (A Pobra de Trives, Ourense) en Sala; José Luís Mateo de Quinta da Muradella (Monterrei, Ourense), na modalidade de Viño; a Organización de Produtores do Porto de Celeiro (Viveiro, Lugo) en Mar; o colectivo Amas da Terra en Rural; Airas Moniz de Chantada (Lugo) na categoría de Artesanía Alimentaria; Ricardo Fernández do CIFP Carlos Oroza (Pontevedra) en Formación e Rogelio Santos, mariñeiro de Porto do Son na modalidade de divulgación.
A Coruña, referente da gastronomía do futuro
Milleiros de persoas relacionadas co sector da gastronomía, da alimentación e da hostalería citáronse durante tres días na cidade herculina para gozar de degustacións e obradoiros impartidos por cociñeiros de primeiro nivel, así como de produtos da mellor calidade. Actividades que serviron para reforzar a posicionamento da Coruña como unha cidade de referencia para acoller eventos sobre a gastronomía do futuro.
Tamén puideron achegarse ata as instalacións de EXPOCoruña residentes da cidade e turistas amantes da boa cociña e de produtos gourmet. Chefs que suman 27 estrelas Michelín, máis de 200 expositores ou 65 relatores uníronse baixo algún dos sete espazos que albergaron a programación do Galicia Fórum Gastronómico, que contou coa colaboración do Goberno de Inés Rey para contribuír á dinamización do turismo e da gastronomía local; eixes que definen a cultura de vivir da cidade.
Polo auditorio de EXPOCoruña desfilaron varias das figuras máis prestixiosas da cocina coruñesa e nacional como Luis Veira (Árbore da Veira*), ( Xosé T. Cannas (Pepe Vieira** y *verde), Sergio Bastard (La Casona del Judío* y *verde), Lucía Freitas (A Tafona*), Pepe Solla (Casa Solla*), Javier Olleros (Culler de Pau** e *verde), Miguel González (O Pereiro do Aguiar*), David Yárnoz (El Molino de Urdániz** y *verde), Fernando 'Caco' Agrasar (As Garzas*), Álvaro Victoriano (presidente de Coruña Cociña y propietario del Grupo Peculiar), Moncho Méndez (Millo) o Quique Vázquez (Terreo).
26 de junio de 2024
18 de junio de 2024
14 de junio de 2024
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible