Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

19 de setembro de 2024

A Coruña acolle o IX Workshop Internacional de Investigación en Emprendemento, con grandes expertos do sector

A concelleira de Emprego, Comercio e Mercados, Diana Cabanas, recibiu en María Pita as persoas participantes

A Coruña acolle entre hoxe e o sábado 21 o IX Workshop Internacional de Investigación en Emprendemento (GEM-ACEDE). Os principais docentes, investigadores e xestores en materia de emprendemento do país están na cidade da man do Concello e da Sección de Emprendemento de ACEDE e do Observatorio de Emprendemento de España. 

A concelleira de Emprego, Comercio e Mercados, Diana Cabanas, recibiu en María Pita as 60 persoas participantes neste evento. "A nosa cidade ten talento, iniciativas e ideas que desde o Goberno de Inés Rey buscamos que triunfen nun mundo cada vez máis competitivo. O noso papel como Administración é que ningún proxecto innovador ou diferencial quede sen desenvolverse", sinalou a concelleira. Cabanas destacou que A Coruña é unha gran potencia na realización de encontros MICE, como reflicten os datos deste 2024, con 44 eventos e máis de 100.000 persoas asistentes confirmadas.

Na novena edición do IX Workshop Internacional de Emprendemento que se realiza na Coruña, ademais dos investigadores e xestores que presentarán os seus avances, participarán tres expertos internacionais de renome académico e profesional (keynote speakers), que liderarán as sesións maxistrais do congreso e tutelarán os traballos das/os mozas/os investigadoras/es, favorecendo a súa publicación e difusión internacional. Trátase de Ernesto Amorós, actual presidente do GEM Global, e vicepresidente do Iberoamerican Academy of Management, David Urbano, catedrático de organización de empresas da Universidade Autónoma de Barcelona e director do Centre for Entrepreneurship and Social Innovation Research (CREIS) e Rachida Xusto, directora da Cátedra de Emprendemento Social (Impact Bridge IE-Social Entrepreneurship and Impact Investing) do Instituto de Empresa e experta de renome internacional en emprendemento social.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión