20 de setembro de 2024
A iniciativa ten como finalidade premiar o labor das empresas en favor da igualdade de oportunidades e a conciliación da vida laboral e persoal
O Concello da Coruña convoca os Premios 2024 ás Boas Prácticas das PEMES en materia de igualdade. O Goberno de Inés Rey quere deste xeito fomentar que as empresas locais implanten medidas en materia de conciliación e corresponsabilidade para os seus traballadores e traballadoras. "Con estes premios buscamos fomentar entre as empresas as medidas de conciliación e fomentar unha vida máis igualitaria", indicu a concelleira de Emprego, Comercio e Mercados, Diana Cabanas.
O obxectivo da convocatoria é premiar o labor das empresas en favor da igualdade de oportunidades e a conciliación da vida laboral e persoal. Estableceranse tres premios para cada unha das categorías, recoñecendo deste xeito a seis empresas. As contías distribúense da seguinte maneira:
Igualdade
Conciliación
As bases da convocatoria pódense consultar na web municipal, concretamente nas Convocatorias municipais .
O prazo para presentar as solicitudes comeza o vindeieo luns 23 de setembro e rematará o venres 4 de outubro ás 23.59 horas, tal e como se recolle na publicación do Boletín Oficial da Provincia.
Poden presentaranse a través da sede electrónica municipal na seguinte ligazón.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible